Saltar ao contido

Umberto Eco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUmberto Eco

(1984) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Alessandria (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Milán (Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlessandria
Milán
Urbino Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín - filosofía (–1954) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía medieval, Cultura de masas, semioloxía, linguística estrutural (pt) Traducir, literatura de non ficción, novela histórica, lingüística, semiótica, Italian literature (en) Traducir e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Boloña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, semiótico (pt) Traducir, crítico literario, medievalista, especialista en literatura, profesor universitario, guionista, novelista, tradutor, ensaísta, pedagogo, historiador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña
Collège de France (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, ensaio
AlumnosMarco Belpoliti e Christos Thivaios (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDedalus Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRenate Ramge (1962–) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webumbertoeco.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0248767 Allocine: 76428 Allmovie: p292685
BNE: XX1044144 Dialnet: 20854 Last fm: Umberto+Eco Musicbrainz: b7050d34-937c-4aa4-9291-66ed4d9c0f0e Discogs: 518283 Editar o valor en Wikidata

Umberto Eco, nado en Alessandria (Piemonte) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Roma o 19 de febreiro de 2016, foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, comunicación de masas, lingüística e filosofía, aínda que entre o grande público é coñecido especialmente polas súas novelas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse en 1954 pola Universidade de Turín cunha tese sobre Santo Tomé de Aquino e a escolástica medieval. Traballou como profesor nas universidades de Turín, Florencia e Milán. Foi titular da cátedra de Semiótica e director da Escola superior de Humanidades da Universidade de Boloña; é secretario da Asociación Internacional de Semiótica, que cofundou en 1969. Interesouse polas vangardas (A obra aberta; Opera Aperta, 1962), a cultura popular contemporánea (Apocalípticos e integrados; Apocalittici e integrati, 1964), a semiótica (A estrutura ausente; La struttura assente, 1968, Tratado de semiótica xeral; Trattato di semiotica generale, 1975 - texto fundamental), a teoría de recepción (Lector in fabula, 1979) ou Os limites da interpretación (I limiti dell'interpretazione, 1990). No Tratado presenta a súa famosa definición de que o signo é "todo aquilo que pode ser usado para mentir".

A súa primeira novela, O nome da rosa (1980),[1] resultou un éxito de vendas e crítica a nivel mundial a pesar do seu contido denso en referencias e discusións eruditas. Nesta novela posmodernista, na que se mesturan o xénero policíaco, o histórico e o filosófico, un monxe investiga unha serie de asasinatos relacionados coa biblioteca dun mosteiro que se converte no centro de herexías e controversias relixiosas medievais. Foi levada ao cine en 1986 por Jean-Jacques Annaud. Na súa segunda novela, O Péndulo de Foucault (Il pendolo di Foucault, 1988), uns editores deciden inventar unha macro-conspiración, construída a partir de teorías conspirativas clásicas, co resultado imprevisto de que se ven atrapados polo que crían que era só ficción. En Baudolino (2000) mestura todos os mitos posíbeis do medievo tardío nunha procura que vai máis alá do mundo coñecido. A misteriosa chama da raíña Loana (La misteriosa fiamma della regina Loana, 2005) é o bildungsroman dun rapaz italiano durante o fascismo narrado cando, maior xa, tenta recuperar a memoria da súa identidade tras un accidente que só lle permite lembrarse do que leu.

  1. "O nome da rosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]