Tomografía computadorizada
Aparencia
A tomografía axial computadorizada (TAC), ou tomografía computadorizada (TC),[1][2][3] é unha técnica de imaxe médica que é empregada para o diagnóstico. Utiliza raios X para obter cortes ou seccións de obxectos anatómicos con fins diagnósticos. Tomografía vén do grego τομον que significa corte ou sección e de γραφίς que significa imaxe ou gráfico. A posibilidade de obter imaxes de cortes tomográficos reconstruídas en planos non tranversais fixo que actualmente se prefira chamar a esta técnica TC en lugar de TAC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de computadorizar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 15 de abril de 2020.
- ↑ Vocabulario de medicina : (galego-español-inglés-portugués). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. 2008. p. 498. ISBN 978-84-9887-028-2. OCLC 804294741. 4936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomografía computadorizada |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |