Titanus giganteus
Titanus giganteus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Titanus giganteus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
(do xénero)
(da especie)
|
Titanus giganteus, coñecido na literatura como escaravello titán, é unha especie de escaravello cerambícido da rexión Neotropical e única especie do xénero Titanus, que é un dos escaravellos de maior tamaño coñecidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie é un dos escaravellos máis grandes que existen; o exemplar máis grande do que se fixo unha medición fiable medía 16,7 cm de lonxitude,[1] comparable á de escaravellos como Xixuthrus heros (de 15 cm) e Dynastes hercules (algúns machos poden chegar ocasionalmente a 17,5 cm),[2] pero os machos de D. hercules teñen un enorme corno no pronoto ou tórax que supón máis da metade da súa lonxitude total, polo que o seu corpo é considerblemente menor que o do escaravello titán. A mandíbula do escaravello titán é curta, curvada e cortante e pode morder un lapis e partilo e cortar a carne humana.[3] O intestino do adulto parece dexenerado, polo que pode que os adultos non se alimenten[4] e só busquen parellas por medio de feromonas mentres voan.[5]
Nunca se atopou unha larva, pero pénsase que se alimentan dentro da madeira e poden tardar varios anos en chegar ao seu tamaño total andes de pupar. Estes escaravellos tamén se cre que se alimentan de madeira en descomposición baixo terra. Os buracos na madeira que se cre crearon as larvas dos escaravellos titán parecen poder albergar unha larva de 5 cm de ancho e quizais 30 cm de longo. Unha famosa fotografía "a tamaño real" dunha presunta larva deste escaravello publicouse na revista National Geographic, ocupaba toda unha páxina,[3] pero ao final viuse que era dunha especie diferente, posiblemente Macrodontia cervicornis.
Os adultos deféndense asubiando como advertencia e mordendo e teñen agudas espiñas e fortes mandíbulas. A estrutura do sistema nervioso central dos escaravellos adultos consta dun ganglio cefálico composto de cerebro central e lobos ópticos que conectan co ganglio subesofáxico. Esta é unha estrutura común en insectos diúrnos. O cordón nervioso ventral ten tres ganglios torácicos e catro abdominais. O sistema de integración sensorial consta de ollos complexos grandes con lobos ópticos grandes estruturados e lobos antenais.[4] [3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive nas selvas de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, as Güianas e a parte central norte do Brasil.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Macho de Titanus giganteus
-
Titanus giganteus no Montréal Insectarium
-
Tamaño comparado co dunha man humana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Williams, David M. (2001). "Chapter 30: Largest". En Walker, T.J. University of Florida Book of Insect Records.
- ↑ Ratcliffe BC, Cave RD. 2015. The dynastine scarab beetles of the West Indies (Coleoptera: Scarabaeidae: Dynastinae). Bulletin of the University of Nebraska State Museum 28: l-346.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Zahl, P. A. (1959): Giant insects of the Amazon. Natl. Geogr. Mag. 115 (5): 632-669.
- ↑ 4,0 4,1 Dvořáček, Jiří; Sehadová, Hana; Weyda, František; Tomčala, Aleš; Hejníková, Markéta; Kodrík, Dalibor (2020). "First Comprehensive Study of a Giant among the Insects, Titanus giganteus: Basic Facts from Its Biochemistry, Physiology, and Anatomy". Insects 11 (2): 120. doi:10.3390/insects11020120.
- ↑ "Titan Beetle". Smithsonian. 31 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Titan beetle |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Titan beetle |
- Imaxes de Titanus giganteus en Bio-Foto.com Arquivado 19 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.
- Video clip de Titanus giganteus de Life in the Undergrowth
- Escaravello xigante visita a Universidade de Oxford
- Artigo da BBC con fotografías
- artigo da BBC sobre as larvas
- Páxina do Museo de Historia Natural sobre Titanus giganteus