Saltar ao contido

Tapir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tapir
Rango fósil: EocenoHoloceno

Tapir no Brasil.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Superfamilia: Tapiroidea
Familia: Tapiridae
Gray, 1821
Xénero: Tapirus
Brünnich, 1772
Especies

Tapirus bairdii
Tapirus kabomani
Acrocodia indica
Tapirus pinchaque
Tapirus terrestris

O tapir[1] (tapirus) é un xénero de mamíferos perisodáctilos da familia Tapiridae, coñecidos vulgarmente como tapires. É o único xénero actual da familia, a cal inclúe outros nove xéneros extintos. Pertence á mesma orde que os cabalos, cos que están lonxanamente emparentados, e os rinocerontes, que son os seus parentes vivos máis próximos.