Táixete (lúa)
Táixete[1] (ou en grego Ταϋγέτη), tamén coñecida coma Xúpiter XX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 9.[2][3][4]
Táixete ten uns 5 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,439 millóns de kms, tarda 686,675 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (163° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3678. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002[5] , Táixete na mitoloxía grega era unha das Pléiades, filla do Titán Atlas e nai de Lacedemonia (que tamén era filla de Zeus)[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fraga, José Carracedo (1999). Diccionario latín-galego (en latín). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-318-2.
- ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter Arquivado 16 de setembro de 2002 en Wayback Machine. 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
- ↑ MPEC 2001-T59: S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10 15 de outubro do 2001 (efemérides revisadas)
- ↑ IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
- ↑ "Nomes de planetas e de satélites e os seus descubridores.". Unión Astronómica Internacional (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021.