Philadelphia 76ers
Philadelphia 76ers | ||
---|---|---|
Información xeral | ||
Conferencia | Leste | |
División | Atlántico | |
Fundación | 1946 | |
Historia | Syracuse Nationals (1946-1963) | |
Cores | Vermello, azul | |
G League | Delaware 87ers | |
Retirados | 8 (3, 6, 10, 13, 15, [[Bobby Jones (xogador de baloncesto) | 24]], 32, 34) |
Localización | ||
Cidade | Filadelfia, Pensilvania | |
Pavillón | Wells Fargo Center | |
Capacidade | 21 600 espectadores | |
Inauguración | 13 de agosto de 1996 | |
Persoal | ||
Propietario(s) | Josh Harris | |
Presidente | Daryl Morey | |
Director | Elton Brand | |
Adestrador | Brett Brown | |
Títulos | ||
Campión | 3 (1955, 1967, 1983) | |
Conferencia | 5 (1977, 1980, 1982, 1983, 2001) | |
División | 12 (1950, 1952, 1955, 1966, 1967, 1968, 1977, 1978, 1983, 1990, 2001, 2021) | |
sixers.com |
Os Philadelphia 76ers (tamén coñecidos como Sixers) son un equipo americano de baloncesto profesional con base en Filadelfia, Pensilvania. Xogan na División Atlántico da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Orixinalmente coñecidos coma Syracuse Nationals, son unha das franquías máis antigas da NBA. Despois do seu traslado a Filadelfia, fíxose un concurso para decidir o novo nome do equipo. O nome gañador, elixido por Walter Stalberg, foi "76ers", de 1776, ano da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en Filadelfia.
Os 76ers teñen unha historia moi importante, con algúns dos xogadores máis importantes da NBA que xogaron para a franquía, incluíndo Wilt Chamberlain, Julius Erving, Moses Malone, Charles Barkley e Allen Iverson. Gañaron tres campionatos da NBA, o primeiro deles sendo os Syracuse Nationals, en 1955. O segundo foi na tempada 1966-67, cun equipo liderado por Chamberlain. O terceiro título chegou na tempada 1982-83, gañado co liderado de Erving e Malone. Dende entón, tan só chegaron ás Finais unha soa vez, na tempada 2000-01, da man de Iverson, onde perderon por 4-1 contra Los Angeles Lakers.
Pavillóns
[editar | editar a fonte]- Convention Hall e Philadelphia Arena (1963–1967)
- The Spectrum (1967-1996)
- Wells Fargo Center (1996-presente)
Historia
[editar | editar a fonte]Syracuse Nationals
[editar | editar a fonte]Os 76ers é a franquía máis antiga de toda a NBA. Comezaron en 1939 co nome de Syracuse Nationals coma un equipo profesional de baloncesto. En 1946, uníronse á National Basketball League, converténdose no equipo situado máis ao leste nunha liga predominada por equipos do medio-leste estadounidense. Era propiedade do inmigrante italiano Danny Biasone, e na súa primeira tempada, tras rematar con 21 vitorias e 23 derrotas, conseguiron acceder aos play-offs, onde foron batidos polos seus veciños do norte, os Rochester Royals, en 4 partidos. Tras outra tempada na cal foron novamente batidos ás primeiras de cambio nos play-offs, ao ano seguinte incorporouse coma xogador Dolph Schayes, co cal conseguiron por primeira vez un balance positivo ao fin da tempada regular, gañando 40 dos 63 partidos. Tras pasar a primeira rolda de play-offs, remataron sucumbindo ante Anderson Duffey Packers en 4 partidos.[1] En 1949, os Nationals, xunto con outros sete equipos da NBL fusionáronse coa Basketball Association of America para formar a NBA.
A súa primeira tempada na gran liga non puido ser mellor, xa que chegaron ás Finais da NBA, caendo derrotados ante Minneapolis Lakers, que contaba nas súas ringleiras con xogadores coma George Mikan, Jim Pollard ou Vern Mikkelsen.[2] Ao ano seguinte o rendemento do equipo non foi tan bo na fase regular, rematando con 32 vitorias e 34 derrotas, na cuarta posición da División Leste. Pero ao chegar aos play-offs transformáronse, derrotando aos favoritos, os Philadelphia Warriors, por 2-0 nas semifinais de Conferencia, caendo finalmente ante os New York Knicks en 5 partidos nas Finais de Conferencia, perdendo por dous puntos no quinto e último partido.[1] En 1955, os Nationals (liderados por Dolph Schayes) gañaron por fin o campionato.[3]
Philadelphia novamente na NBA
[editar | editar a fonte]A comezos dos anos 1960, os Nationals pasaban por un mal momento. Syracuse era unha das últimas cidades de tamaño medio, pero resultaba moi pequena para que un equipo profesional fose rendible. O empresario papeleiro Irv Kosloff mercou os Nationals a Danny Biasone e mudou o equipo a Filadelfia en 1963. A NBA, daquela, retornaba a Filadelfia un ano despois de que os San Francisco Warriors se mudasen a San Francisco. Levouse a cabo un concurso para decidir que nome levaría o equipo, e o gañador foi Walt Stahlberg, quen propuso o nome de "76ers", en conmemoración da firma da Declaración de Independencia dos Estados Unidos levada a cabo en Filadelfia no ano 1776. O nome foi axiña acurtado a "Sixers" polos medios, e pronto ambos os dous nomes se usaron indistintamente para referirse ao equipo.
Durante os primeiros catro anos en Filadelfia, os Sixers xogaron no Arena and Civic Center-Convention Hall, salvo nun ocasional partido en The Palestra pertencente á Universidade de Pensilvania. Na tempada 1964-65, contrataron o lendario Wilt Chamberlain procedente dos Warriors.[4] Os Sixers debían definir as Finais de Conferencia no sétimo partido da serie fronte a Boston Celtics no cal caeron derrotados 110–108.[5]
A inesquecible tempada 1966-67
[editar | editar a fonte]Liderados polo adestrador Alex Hannum, os 76ers tiveron unha tempada soñada cun comezo de 46–4,[6] para finalizar con 68–13, o mellor récord ata ese momento.[6] Chamberlain, Billy Cunningham, e Hal Greer, xunto con Chet Walker, Lucious Jackson e Wali Jones levaron o equipo ás Finais de Conferencia. Desta vez, cun equipo dos Celtics con xogadores máis vellos e algúns lesionados, os Sixers vencéronos en 5 partidos. Nas Finais derrotaron aos Warriors en seis partidos para lograr así o seu primeiro campionato da NBA. Ese ano os Sixers foron votados como o mellor equipo na historia da liga tras os seus primeiros 35 anos de existencia.
Caída e renacemento dos 76ers
[editar | editar a fonte]Na tempada 1967-68, cun novo pavillón, The Spectrum, o equipo preparábase para defender o seu título de campión. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics. Despois dos primeiros catro partidos levaban a dianteira por 3-1, pero o partido egoísta despregado polos Sixers foi a súa ruína, cos Celtics remontando a serie para vencer en sete partidos. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics.[7] Ao final da tempada, os 76ers enviaron a Chamberlain a Los Angeles Lakers a cambio de tres xogadores de perfil baixo. O cambio foi un dos máis desparellados da historia, e o equipo entrou entón en caída libre.
Nas tres seguintes tempadas os Sixers non lograron pasar a segunda rolda dos play-offs; nos play-offs de 1969 caeron de novo ante os Celtics, en 5 partidos, sendo ademais Milwaukee Bucks e Baltimore Bullets os seus verdugos nas dúas seguintes postempadas. En 1971-72, a só cinco anos de conseguir o campionato, finalizaron cun récord de 30-52 e non chegaron á postempada por primeira vez na historia da franquía.
A peor tempada foi a de 1972-73. Comezaron perdendo os primeiros 15 partidos da tempada, e uns poucos meses despois fixaron o que foi nesa época un récord de 20 derrotas seguidas nunha soa tempada. Logo das 20 derrotas tiñan un récord de 4-58, e nese momento levaban perdidos 34 dos últimos 35 partidos. Remataron a tempada con tan só 9 vitorias en 82 partidos, polo que a prensa de Philadelphia lles puxo o alcume de Nine and 73-ers (facendo referencia ás 9 vitorias e 73 derrotas obtidas). Remataron ese ano con 59 partidos gañados menos có campión da división, os Celtics. As 9 vitorias conseguidas polo equipo de 1972-73 é a segunda cantidade máis baixa na historia da NBA, só superada polos seis partidos obtidos por Providence Steamrollers na curta tempada 1947-48. As 73 derrotas, porén, constitúen a maior cantidade sufrida por unha franquía nunha soa tempada. Coma dato curioso cabe destacar que só 6 anos antes os 76ers fixeran o récord de máis vitorias nunha soa tempada.[8]
Ao ano seguinte, Gene Shue foi contratado coma adestrador e lentamente o equipo foi recuperando nivel. Na tempada 1975-76, os Sixers contrataron a George McGinnis, procedente do equipo da ABA Indiana Pacers e con el lograrían alcanzar os play-offs tras 5 anos de ausencia onde perderon fronte a Buffalo Braves en tres partidos.
Dr. J e os 76ers
[editar | editar a fonte]A tempada 1976-77 será recordada por ser o ano en que Julius Erving -proveniente de New York Nets- se uniu ao equipo, mentres o equipo era adquirido polo filántropo local F. Eugene "Fitz" Dixon, neto de George Dunton Widener e herdeiro da súa fortuna. Chegaron ás Finais de Conferencia tras derrotar ao seu rival histórico, os Celtics, en sete partidos. Nesa instancia, venceron a Houston Rockets, liderado polo futuro sixer Moses Malone, en seis partidos para avanzar ás Finais da NBA. Alí perderían fronte ao equipo dirixido polo seu antigo adestrador Jack Ramsay e liderados dende a cancha por Bill Walton, Portland Trail Blazers, a pesar de comezar gañando a serie 2-0.[9]
Nos play-offs da tempada 1977-78 caeron fronte ao que sería o campión, Washington Bullets.[10] As seguintes catro tempadas, os Sixers estiveron moi preto de obter un novo campionato, incluso logo de contratar coma adestrador ao ex xogador Billy Cunningham. Nas Finais de 1980 fronte a Los Angeles Lakers, perderon por 4-2.[11] No sexto partido, o rookie Magic Johnson xogou coma pivote para os Lakers no lugar de Kareem Abdul-Jabbar (quen non participou ao sufrir unha escordadura de nocello no partido anterior) anotando 42 puntos. Nas Finais de Conferencia de 1981, comezaron gañando 3-1 a serie para logo perder no sétimo encontro.[12] Na seguinte tempada, os 76ers enfrontáronse novamente cos Celtics nas Finais da Conferencia Leste, comezando a serie da mesma maneira cá anterior só para ver coma os Celtics lograban empatarlle a serie 3-3. As opcións de gañar víanse diminuídas por xogarse o partido no Boston Garden. Desta vez, xogarían dunha maneira agresiva e intelixente, conseguindo a vitoria por 120-106.
A histórica tempada 1982-83
[editar | editar a fonte]Harold Katz comproulle os 76ers a Dixon en 1982. Segundo a súa mirada, a última peza do crebacabezas para lograr o campionato de 1982-83 foi a contratación do pivote Moses Malone de Houston Rockets. Liderados polo integrante do Salón da Fama Julius Erving e xogadores do talle de Maurice Cheeks, Andrew Toney e Bobby Jones dominaron a tempada regular, gañando 65 partidos, sendo aínda a segunda tempada con maior vitorias na historia da franquía.[13] Malone foi nomeado xogador máis valioso. Cando os reporteiros lle preguntaron que pasaría nos play-offs, el contestou, four, four, four (catro, catro, catro), noutras palabras, predicindo que os Sixers varrerían as 3 series en 4 partidos, co mínimo posible de 12 partidos en total.[14]
A pesar de que as series non foron coma Malone predixo, non lles tomou moito traballo pasar ás Finais da NBA vencendo a New York Knicks en 4 partidos primeiro, e a Milwaukee Bucks despois en 5 partidos. Os Sixers gañarían o seu terceiro campionato (o 2º en Filadelfia) en 4 partidos a Los Angeles Lakers, que os venceran na tempada anterior. Malone foi nomeado xogador máis valioso dos play-offs. O seu récord de 12-1 é o segundo mellor na historia da liga só superado polo logrado polos Lakers na tempada 2000-2001 de 15-1 no camiño para conseguir o campionato, curiosamente vencendo aos Sixers nas Finais.[15]
Chega Charles Barkley
[editar | editar a fonte]Tras unha decepcionante tempada en 1983-84, Charles Barkley chegou a Filadelfia na seguinte tempada. Durante as próximas tempadas, Barkley encantaría aos seareiros dos Sixers grazas á súa forma de ser, gracioso e ás veces controvertido. Os 76ers volveron ás Finais de Conferencia, pero perderon contra os Celtics en cinco partidos.[16] Para a tempada seguinte, Matt Guokas susbstituíu a Billy Cunningham como adestrador, liderando o equipo cara á segunda rolda dos play-offs en 1985-86, onde foi derrotado por Milwaukee Bucks en sete partidos.[17]
O 16 de xuño de 1986, Katz fixo dous dos traspasos máis controvertidos e criticados na historia da franquía, traspasando a Moses Malone a Washington e a primeira elección do draft de 1986 (que fora obtido de San Diego Clippers nun traspaso por Joe Bryant en 1979) a Cleveland Cavaliers. A cambio diso, os Sixers recibiron a Roy Hinson, Jeff Ruland e Cliff Robinson, ningún dos cales xogaría máis de tres tempadas co equipo. Cleveland, entre tanto, capitalizou a súa elección nun futuro estrela Brad Daugherty. Os 76ers regresaron aos play-offs en 1986-87, pero víronse derrotados por Milwaukee.[18] En 1987-88, cun récord de 20–23, Guokas foi despedido e substituído polo asistente Jim Lynam. Lynam finalizou a tempada 16-13, e o equipo con 36-46, errando en alcanzar a postempada por primeira vez dende 1974-75. Philadelphia seleccionou a Charles Smith coa súa primeira elección no draft de 1988, para logo traspasalo a Los Angeles Clippers pola súa primeira elección, Hersey Hawkins. En cinco tempadas cos Sixers, Hawkins promediou 19 puntos por partido, e abandonou o equipo como líder histórico en triplas intentadas e anotadas.
En 1988-89, Philadelphia volveu aos play-offs tras un ano de ausencia, pero foron varridos na primeira rolda polos New York Knicks.[19] En 1989-90, Barkley rematou segundo na votación do MVP da NBA, mentres que o equipo gañou o título de división. Tras derrotar a Cleveland Cavaliers na primeira rolda de play-offs, Philadelphia enfrontouse aos Chicago Bulls de Michael Jordan. Foron vencidos polos Bulls en cinco partidos,[20] e repetirían a súa actuación ao ano seguinte, 1991, varrendo aos Bucks na primeira rolda. Algunhas persoas pensan que as derrotas en postempada fronte a Chicago foron o comezo do fin da estadía de Barkley en Philadelphia. Na 1991-92, os 76ers non participaron na postempada por segunda ocasión nos oito anos que Barkley estivo no equipo. O 17 de xuño de 1992, Barkley foi traspasado aos Phoenix Suns a cambio de Jeff Hornacek, Tim Perry e Andrew Lang.
"A época escura"
[editar | editar a fonte]Lynam deixou a súa posición de adestrador para converterse en director xeral no transcurso da tempada 1991-92, e contratou a Doug Moe para cubrir o posto vacante. Moe dirixiría só 56 partidos, cunha marca negativa de 19-37. O popular ex xogador e por moito tempo adestrador asistente, Fred Carter sucedeu a Moe no cargo a partir de marzo de 1993, pero non logrou máis que unha pobre marca de 32-76. Para a tempada 1993-94, John Lucas foi contratado co dobre rol de adestrador e xerente xeral. Lucas tivera anos exitosos como adestrador de San Antonio Spurs, e Philadelphia esperaba que puidese devolver o bo xogo aos 76ers. Con todo, sucedeu todo o contrario, xa que o equipo tivo unha marca de 42-122 nas dúas tempadas baixo o mando de Lucas. A contratación de xogadores pouco produtivos como Scott Williams e Charles Shackleford, xogadores ao final das súas carreiras como LaSalle Thompson, Orlando Woolridge, e Scott Skiles xunto cuns decepcionantes novatos elixidos nas primeiras roldas do draft como Shawn Bradley e Sharone Wright foron factores importantes na mala situación do equipo. De feito, Wright xogou soamente en 4 tempadas da NBA mentres que Eddie Jones, elixido no draft 4 postos debaixo de Wright en 1994 polos L.A. Lakers está na súa 14ª tempada sendo un xogador importante para o seu equipo.
Comezando na 1990-91 e rematando na 1995-96, os 76ers tiveron a pouco agraciada distinción de ter cada ano unha marca peor ao anterior. O peor momento foi en 1995-96, cando terminaron 18-64, o segundo peor balance na historia da franquía. Foi ademais o segundo peor na liga ese ano, superando só a Vancouver Grizzlies e mesmo superado polos debutantes Toronto Raptors.[21] Katz, quen non era querido polos afeccionados desde os traspasos de 1986, vendeu a franquía a un consorcio liderado polo dono dos Philadelphia Flyers, Ed Snider e a corporación Comcast a finais desa tempada, con Pat Croce, quen fora preparador tanto dos Flyers como os Sixers, tomando o rol de presidente.
Moitos seguidores dos 76ers denominaron a estes anos como "a época escura". Con todo, despois de moitos anos de pouca fortuna, houbo unha luz de esperanza. O equipo gañou a primeira elección no Draft da NBA de 1996. Nesa ocasión os Sixers elixirían a Allen Iverson.
Iverson, "a chave"
[editar | editar a fonte]Coa nova xerencia e Iverson, e a mudanza ao CoreStates Center, o equipo parecía encamiñado cara a un bo futuro. Croce despediu a Lucas de ambos os postos. Johnny Davis foi nomeado como novo adestrador, mentres que Brad Greenberg se fixo cargo da xerencia xeral. Iverson foi nomeado Novato do Ano, pero a mellora do equipo foi mínima, finalizando cunha marca de 22-60. Os altos dirixentes dos Sixers foron despedidos. Cumpría facer cambios despois da tempada 1996-97. Davis e Greenberg foron separados dos seus cargos e mesmo se crearon un novo logo e un novo deseño da camiseta. Para substituír a Davis foi contratado Larry Brown. Coñecido pola súa táctica defensiva e por transformar equipos sen éxitos en gañadores xogando de maneira correcta, Brown afrontou, quizais, o seu maior desafío como adestrador. A miúdo se enfrontou con Iverson, pero os 76ers escalaron a 31 vitorias na 1997-98. A comezos desa tempada, traspasaron a Jerry Stackhouse, quen fora elixido no terceiro posto do Draft de 1995, a Detroit Pistons. A cambio, Philadelphia recibiu a Aaron McKie e Theo Ratliff, xogadores dun gran despregamento defensivo que axudarían ao rexurdimento do equipo. Foi tamén adquirido Eric Snow procedente de Seattle SuperSonics en xaneiro de 1998.
Previo ao comezo da tempada 1998-99, os 76ers contrataron a George Lynch e Matt Geiger, tempada que sería acurtada a 50 partidos, debido ao peche patronal da NBA (coñecido como lockout).).[22] No transcurso da tempada, Philadelphia contratou a Tyrone Hill nunha operación realizada con Milwaukee. O equipo comezou co seu renacemento durante esta tempada atípica, cunha marca de 28-22 e o sexto posto na Conferencia Leste, primeira vez na postemporada desde 1991. Na primeira rolda, Philadelphia derrotou a Orlando Magic, 3-1, para logo ser varridos por Indiana Pacers.[23] Ao ano seguinte, os Sixers quedaron quintos cunha marca de 49-33. Novamente, superaron a primeira rolda en catro partidos, esta vez vencendo a Charlotte Hornets. Por segundo ano consecutivo, caeron fronte a Indiana na segunda rolda, esta vez en seis encontros.[24] Iverson e Brown continuaron coas súas diferenzas, e a relación chegou a tal punto que era moi probable o traspaso do xogador. Xurdiu un rumor de traspaso a Os Angeles Clippers, pero un complicado trato entre catro equipos enviaría a Iverson a Detroit Pistons, o que ao final non se produciu por problemas co tope de salarios. Cando quedou claro que Iverson quedaba en Philadelphia, el e Brown melloraron a súa relación e o equipo obtivo beneficios na 2000-01.
Liderado cara ás Finais
[editar | editar a fonte]Durante esa tempada, os 76ers comezaron gañando os seus primeiros dez partidos e a súa marca chegaría a estar 41-14 a mediados da tempada regular. Larry Brown foi elixido adestrador da Conferencia Leste no All-Star Game, e Allen Iverson nomeado MVP do All-Star.[25] Uns días antes do All Star Weekend, Theo Ratliff foi dado de baixa polo resto da tempada por mor dunha lesión no pulso. Sentindo a necesidade de contar cun pivote de xerarquía para facer un bo papel nos play-offs, Philadelphia adquiriu a Dikembe Mutombo de Atlanta Hawks nun traspaso que enviou a Ratliff, Nazr Mohammed, Toni Kuko, e Pepe Sánchez a Atlanta (Sánchez volvería ser contratado máis tarde na tempada despois de que os Hawks prescindisen del). Ao final da tempada, e cunha marca de 56-26, Philadelphia estaba en carreira polo primeiro posto da conferencia. As 56 vitorias obtidas polo equipo compartían a segunda maior cantidade da liga detrás das 58 de San Antonio. Los Angeles Lakers tamén tiveron 56 vitorias, pero clasificáronse nun posto máis alto que os Sixers baseados no desempate.
Na primeira rolda dos play-offs, Philadelphia enfrontouse de novo a Indiana. No primeiro encontro, os 76ers desperdiciaron unha vantaxe de 18 puntos e perderon 79-78, cando Reggie Miller encestou un tiro de tres puntos nos segundos finais. Philadelphia recuperouse, con todo, e venceu nos seguintes tres partidos para facerse coa serie. Nas Semifinais de Conferencia, os Sixers enfrontáronse aos Toronto Raptors de Vince Carter. Os equipos alternaron vitorias nos primeiros catro partidos, con Iverson anotando 54 puntos na vitoria de Philadelphia no segundo partido. No quinto encontro, os 76ers comezaron liderando 33-12 tras o primeiro cuarto e derrotaron a Toronto, 121-88, con 52 puntos de Iverson. Os Raptors gañaron o sexto partido, decidindo a serie no sétimo partido no First Union Center. Cos Sixers vencendo por 88-87, Carter fallou o lanzamento final para enviar a Philadelphia ás Finais de Conferencia fronte a Milwaukee Bucks. Despois de que se repartisen os dous primeiros partidos, deuse a coñecer que Iverson non xogaría no terceiro encontro debido a varias lesións que o afectaron tamén máis adiante. Aínda que moitas persoas pensaban que Milwaukee gañaría facilmente, os 76ers deron pelexa até o final, en que caeron 80-74. Os Sixers gañaron o cuarto e quinto partido e foron derrotados no sexto. No sétimo encontro, os Bucks lideraban 34-25 no segundo cuarto, ata que un suplente que de cando en cando xogaba, Raja Bell, anotou 10 puntos para lograr un parcial de 23-4 que lle deu o liderado a Philadelphia. Iverson anotou 44 puntos, e os 76ers mantiveron o seu nivel na segunda metade para gañar 108-91, acadando as finais da NBA por primeira vez desde 1983. O seu opoñente sería Los Angeles Lakers, que viñan invictos con once vitorias nas tres series anteriores de play-offs, e era esperado pola maioría do público que derrotasen rapidamente aos Sixers.
No primeiro partido, os Lakers tomaron a dianteira por 18-5, pero os Sixers recuperáronse e sacaron unha vantaxe de 15 puntos na segunda metade. Los Angeles xogaron duro para empatar 94-94 o partido ao final do tempo regular. Os Lakers anotaron os primeiros cinco puntos do tempo extra, pero os 76ers responderon cun parcial de 13-2 para dar fin ao partido, vencendo por 107-101. Os Angeles gañaron o segundo, 98-89. No terceiro encontro, Shaquille O'Neal saíu da cancha por 6 faltas no último cuarto, e os 76ers achegáronse os Lakers. Robert Horry, con todo, anotou unha tripla no minuto final, e os Sixers perderon, 91-86. Os Lakers obtiveron o título de campión obtendo unha vitoria por 100-86 no cuarto partido e outra por 108-96 no quinto. O persoal de 2000-01 dos Sixers foi recoñecido en varios aspectos: o MVP da tempada (Iverson), o Adestrador do Ano (Brown), o Mellor Defensor da NBA (Mutombo), e o Mellor Sexto Home (Aaron McKie).
Recaída
[editar | editar a fonte]Os 76ers empezaron a tempada 2001-02 con altas expectativas, pero só foron capaces de obter unha marca de 43-39, clasificándose sextos na Conferencia Leste. Na primeira rolda dos play-offs, Philadelphia foi derrotado polos Celtics, 3-2. En 2002-03, os Sixers empezaron cun 15-4, pero un período de 10-20 deixounos 25-24 previo ao receso polo All-Star. Tras o descanso, os 76ers reaccionaron, gañando nove partidos seguidos, e 23 dos últimos 33 para finalizar 48-34, quedando cuartos na conferencia. Iverson anotou 55 puntos no partido inicial dos play-offs fronte a New Orleans Hornets, e os Sixers gañaron a serie en seis partidos. Na segunda rolda, Detroit Pistons venceu aos 76ers en seis encontros.
No Memorial Day do 2003, Brown renunciou ao seu cargo de adestrador, tomando o cargo en Detroit aos poucos días. Tras ser rexeitados por Jeff Van Gundy e Eddie Jordan, os 76ers contrataron a Randy Ayers, que fora asistente de Brown, como o novo adestrador. Ayers durou 52 partidos á fronte do equipo, foi despedido cando o equipo levaba unha marca de 21-31. Chris Ford tomou o seu lugar, pero os Sixers terminaron a tempada 33-49, faltando aos play-offs por primeira vez en seis anos. Iverson, que non tivo unha moi boa relación con Ford durante a segunda metade da tempada, xogou só 48 partidos nunha tempada chea de lesións. Tras esa tempada, foi nomeado como adestrador Jim O'Brien, nacido na cidade. Iverson volveu á súa posición anterior como base e mellorou notablemente o seu rendemento, tendo a súa mellor tempada. Tamén impresionou a moitos coa súa intención de incluír a outros xogadores na ofensiva. Durante a tempada 2004-05, Philadelphia contratou a Chris Webber nun traspaso con Sacramento Kings, coa esperanza de que este fose a segunda opción no ataque, despois de Iverson, que tanto buscara o equipo. Andre Iguodala, elección de primeira rolda do draft, foi elixido para o equipo de novatos que participou no All-Star Weekend, e os Sixers regresaron aos play-offs cunha marca de 43-39. En primeira rolda, foi derrotado en cinco partidos por Detroit Pistons, dirixidos por Larry Brown. Para a tempada seguinte, O'Brien foi despedido e substituído por Maurice Cheeks, quen xogara para o equipo entre 1978 e 1989, sendo a base titular do equipo campión de 1983. Con todo, o cambio de adestrador non cambiou a situación do equipo. Unha secuencia de 2 vitorias e 10 derrotas en marzo foi a causa de que non alcanzasen a postemporada por segunda vez en tres anos.
Na tempada 2006-07, os Sixers empezaron gañando tres partidos. Con todo, o equipo baixou notablemente o seu xogo a metade de tempada e finalizaron cunha marca de 35-47, alcanzando o terceiro lugar na División Atlántico e novenos na conferencia (empatados con Indiana).
O martes 5 de decembro de 2006, decepcionado polo rumbo do equipo, Iverson deulle un ultimato á xeencia dos 76ers: que atopasen un xogador que o acompañase ou o traspasasen a outro equipo.
Unha nova era
[editar | editar a fonte]O martes 19 de decembro Allen Iverson, xunto con Ivan McFarlin, foron enviados a Denver Nuggets a cambio de Andre Miller, Joe Smith, e dúas eleccións de primeira rolda no draft.[26]
O 11 de xaneiro de 2007, o xerente xeral dos Sixers Billy King anunciou que o equipo e o experimentado pivote Chris Webber chegaran a un acordo de rescisión de contrato. Os Sixers pagaríanlle a Webber 36 millóns de dólares durante a seguinte tempada e media, que eran 7 millóns menos que o que lle terían pagado por xogar. Logo do acordo, os Sixers deixaron a Webber como axente libre. O xogador firmou pouco tempo despois con Detroit Pistons.[27]
No medio destes cambios, os 76ers enfocáronse cara aos seus xogadores mozos, que deberían ter maior responsabilidade para lograr o éxito do equipo. As figuras en ascenso de Andre Iguodala, Kyle Korver e Samuel Dalembert fixéronse coas rendas do equipo. No draft de 2007, os Sixers elixiron a Thaddeus Young do Instituto Tecnolóxico de Georgia co 12º posto, e tras unha serie de operacións con Miami Heat e Portland Trail Blazers quedaron finalmente co xogador de Utah Jazz Herbert Hill.[28]
Tempadas
[editar | editar a fonte]Campionatos da NBA | Campionatos de Conferencia | Títulos de Conferencia | Títulos de División | Clasificación para play-offs |
Tempada | Conferencia | División | Tempada regular | play-offs | Adestrador | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vitorias | Derrotas | % | ||||||||
Syracuse Nationals (NBL) (Non incluído no total de V/D) | ||||||||||
1946–47 | — | Leste | 4º | 21 | 23 | .467 | Perdeu Cuartos de Final (Rochester, 1-3) | Bennie Borgmann | ||
1947–48 | — | Leste | 5º | 24 | 36 | .400 | Perdeu Cuartos de Final (Anderson, 0–3) | Bennie Borgmann | ||
1948–49 | — | Leste | 3º | 40 | 23 | .635 | Gañou Cuartos de Final (Hammond, 2-0) Perdeu Semifinais (Anderson, 1-3) |
Al Cervi | ||
Syracuse Nationals (NBA) (Non incluído no total de V/D) | ||||||||||
1949–50 | — | Leste | 1º | 51 | 13 | .797 | Gañou Semifinais de División (Philadelphia, 2-0) Gañou Fnais de División (New York, 2-1) Perdeu Finais da NBA (Minneapolis, 2-4) |
Al Cervi | ||
1950–51 | — | Leste | 4º | 32 | 34 | .485 | Gañou Semifinais de División (Philadelphia, 2-0) Perdeu Finais de División (New York, 2-3) |
Al Cervi | ||
1951–52 | — | Leste | 1º | 40 | 26 | .606 | Gañou Semifinais de División (Philadelphia, 2-1) Perdeu Finais de División (New York, 1-3) |
Al Cervi | ||
1952–53 | — | Leste | 2º | 47 | 24 | .662 | Perdeu Semifinais de División (Boston, 0-2) | Al Cervi | ||
1953–54 | — | Leste | 2º | 42 | 30 | .583 | Gañou Round-Robin (Boston, 2-0) Gañou Round-Robin (New York, 2–0) Gañou Finais de División (Boston, 2-0) Perdeu Finais da NBA (Minneapolis, 3-4) |
Al Cervi | ||
1954–55 | — | Leste | 1º | 43 | 29 | .597 | Gañou Finais de División (Boston, 3-1) Gañou Finais da NBA (Fort Wayne, 4-3) |
Al Cervi | ||
1955–56 | — | Leste | 3º | 35 | 37 | .486 | Gañou Desempate de División (New York, 1-0) Gañou Semifinais de División (Boston, 2-1) Perdeu Finais de División (Philadelphia, 2-3) |
Al Cervi | ||
1956–57 | — | Leste | 2º | 38 | 34 | .528 | Gañou Semifinais de División (Philadelphia, 2-0) Perdeu Finais de División (Boston, 0-3) |
Paul Seymour | ||
1957–58 | — | Leste | 2º | 41 | 31 | .569 | Perdeu Semifinais de División (Philadelphia, 1-2) | Paul Seymour | ||
1958–59 | — | Leste | 3º | 35 | 37 | .486 | Gañou Semifinais de División (New York, 2-0) Perdeu Finais de División (Boston, 3-4) |
Paul Seymour | ||
1959–60 | — | Leste | 3º | 45 | 30 | .600 | Perdeu Semifinais de División (Philadelphia, 1-2) | Paul Seymour | ||
1960–61 | — | Leste | 3º | 38 | 41 | .481 | Gañou Semifinais de División (Philadelphia, 3-0) Perdeu Finais de División (Boston, 1-4) |
Alex Hannum | ||
1961–62 | — | Leste | 3º | 41 | 39 | .513 | Perdeu Semifinais de División (Philadelphia, 2-3) | Alex Hannum | ||
1962–63 | — | Leste | 2º | 48 | 32 | .600 | Perdeu Semifinais de División (Cincinnati, 2-3) | Alex Hannum | ||
Philadelphia 76ers | ||||||||||
1963–64 | — | Leste | 3º | 34 | 46 | .425 | Perdeu Semifinais de División (Cincinnati, 2–3) | Dolph Schayes | ||
1964–65 | — | Leste | 3º | 40 | 40 | .500 | Gañou Semifinais de División (Cincinnati, 3–1) Perdeu Finais de División (Boston, 3–4) |
Dolph Schayes | ||
1965–66 | — | Leste | 1º | 55 | 25 | .688 | Perdeu Finais de División (Boston, 1–4) | Dolph Schayes | ||
1966–67 | — | Leste | 1º | 68 | 13 | .840 | Gañou Semifinais de División (Cincinnati, 3–1) Gañou Finais de División (Boston, 4–1) Gañou Finais da NBA (San Francisco, 4–2) |
Alex Hannum | ||
1967–68 | — | Leste | 1º | 62 | 20 | .756 | Gañou Semifinais de División (New York, 4–2) Perdeu Finais de División (Boston, 3–4) |
Alex Hannum | ||
1968–69 | — | Leste | 2º | 55 | 27 | .671 | Perdeu Semifinais de División (Boston, 1–4) | Jack Ramsay | ||
1969–70 | — | Leste | 4º | 42 | 40 | .512 | Perdeu Semifinais de División (Milwaukee, 1–4) | Jack Ramsay | ||
1970–71 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 47 | 35 | .573 | Perdeu Semifinais de Conferencia (Baltimore, 3–4) | Jack Ramsay | |
1971–72 | Leste | 6º | Atlántico | 3º | 30 | 52 | .366 | Non se clasificou para os play-offs | Jack Ramsay | |
1972–73 | Leste | 8º | Atlántico | 4º | 9 | 73 | .110 | Non se clasificou para os play-offs | Roy Rubin Kevin Loughery | |
1973–74 | Leste | 8º | Atlántico | 4º | 25 | 57 | .305 | Non se clasificou para os play-offs | Gene Shue | |
1974–75 | Leste | 7º | Atlántico | 4º | 34 | 48 | .415 | Non se clasificou para os play-offs | Gene Shue | |
1975–76 | Leste | 4º | Atlántico | 2º | 46 | 36 | .561 | Perdeu Primeira Rolda (Buffalo, 1–2) | Gene Shue | |
1976–77 | Leste | 1º | Atlántico | 1º | 50 | 32 | .610 | Gañou Semifinais de Conferencia (Boston, 4-3) Gañou Finais de Conferencia (Houston, 4–2) Perdeu Finais da NBA (Portland, 2–4) |
Gene Shue | |
1977–78 | Leste | 1º | Atlántico | 1º | 55 | 27 | .671 | Gañou Semifinais de Conferencia (New York, 4-0) Perdeu Finais de Conferencia (Washington, 2–4) |
Billy Cunningham | |
1978–79 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 47 | 35 | .573 | Gañou Primeira Rolda (New Jersey, 2-0) Perdeu Semifinais de Conferencia (San Antonio, 3–4) |
Billy Cunningham | |
1979–80 | Leste | 2º | Atlántico | 2º | 59 | 23 | .720 | Gañou Primeira Rolda (Washington, 2-0) Gañou Semifinais de Conferencia (Atlanta, 4–1) Gañou Finais de Conferencia (Boston, 4-1) Perdeu Finais da NBA (Los Angeles, 2-4) |
Billy Cunningham | |
1980–81 | Leste | 2º | Atlántico | 2º | 62 | 20 | .756 | Gañou Primeira Rolda (Indiana, 2-0) Gañou Semifinais de Conferencia (Milwaukee, 4–3) Perdeu Finais de Conferencia (Boston, 3-4) |
Billy Cunningham | |
1981–82 | Leste | 2º | Atlántico | 2º | 58 | 24 | .707 | Gañou Primeira Rolda (Atlanta, 2-0) Gañou Semifinais de Conferencia (Milwaukee, 4–2) Gañou Finais de Conferencia (Boston, 4-3) Perdeu Finais da NBA (Los Angeles, 2-4) |
Billy Cunningham | |
1982–83 | Leste | 1º | Atlántico | 1º | 65 | 17 | .793 | Gañou Semifinais de Conferencia (New York, 4–0) Gañou Finais de Conferencia (Milwaukee, 4-1) Gañou Finais da NBA (Los Angeles, 4-0) |
Billy Cunningham | |
1983–84 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 52 | 30 | .634 | Perdeu Primeira Rolda (New Jersey, 2–3) | Billy Cunningham | |
1984–85 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 58 | 24 | .707 | Gañou Primeira Rolda (Washington, 3-1) Gañou Semifinais de Conferencia (Milwaukee, 4–0) Perdeu Finais de Conferencia (Boston, 1-4) |
Billy Cunningham | |
1985–86 | Leste | 3º | Atlántico | 2º | 54 | 28 | .659 | Gañou Primeira Rolda (Washington, 3-2) Perdeu Semifinais de Conferencia (Milwaukee, 3–4) |
Matt Guokas | |
1986–87 | Leste | 5º | Atlántico | 2º | 45 | 37 | .549 | Perdeu Primeira Rolda (Milwaukee, 2–3) | Matt Guokas | |
1987–88 | Leste | 10º | Atlántico | 4º | 36 | 46 | .439 | Non se clasificou para os play-offs | Matt Guokas Jim Lynam | |
1988–89 | Leste | 7º | Atlántico | 2º | 46 | 36 | .561 | Perdeu Primeira Rolda (New York, 0–3) | Jim Lynam | |
1989–90 | Leste | 3º | Atlántico | 1º | 53 | 29 | .646 | Gañou Primeira Rolda (Cleveland, 3–2) Perdeu Semifinais de Conferencia (Chicago, 1–4) |
Jim Lynam | |
1990–91 | Leste | 5º | Atlántico | 2º | 44 | 38 | .537 | Gañou Primeira Rolda (Milwaukee, 3–0) Perdeu Semifinais de Conferencia (Chicago, 1–4) |
Jim Lynam | |
1991–92 | Leste | 10º | Atlántico | 5º | 35 | 47 | .427 | Non se clasificou para os play-offs | Jim Lynam | |
1992–93 | Leste | 13º | Atlántico | 6º | 26 | 56 | .317 | Non se clasificou para os play-offs | Doug Moe Fred Carter | |
1993–94 | Leste | 11º | Atlántico | 6º | 25 | 57 | .305 | Non se clasificou para os play-offs | Fred Carter | |
1994–95 | Leste | 13º | Atlántico | 6º | 24 | 58 | .293 | Non se clasificou para os play-offs | John Lucas | |
1995–96 | Leste | 15º | Atlántico | 7º | 18 | 64 | .220 | Non se clasificou para os play-offs | John Lucas | |
1996–97 | Leste | 14º | Atlántico | 6º | 22 | 60 | .268 | Non se clasificou para os play-offs | Johnny Davis | |
1997–98 | Leste | 14º | Atlántico | 7º | 31 | 51 | .378 | Non se clasificou para os play-offs | Larry Brown | |
1998–99 | Leste | 6º | Atlántico | 3º | 28 | 22 | .560 | Gañou Primeira Rolda (Orlando, 3-1) Perdeu Semifinais de Conferencia (Indiana, 0-4) |
Larry Brown | |
1999–00 | Leste | 5º | Atlántico | 3º | 49 | 33 | .598 | Gañou Primeira Rolda (Charlotte, 3-1) Perdeu Semifinais de Conferencia (Indiana, 2-4) |
Larry Brown | |
2000–01 | Leste | 1º | Atlántico | 1º | 56 | 26 | .683 | Gañou Primeira Rolda (Indiana, 3-1) Gañou Semifinais de Conferencia (Toronto, 4-3) Gañou Finais de Conferencia (Milwaukee, 4-3) Perdeu Finais da NBA (Los Angeles, 1-4) |
Larry Brown | |
2001–02 | Leste | 6º | Atlántico | 4º | 43 | 39 | .524 | Perdeu Primeira Rolda (Boston, 2-3) | Larry Brown | |
2002–03 | Leste | 4º | Atlántico | 2º | 48 | 34 | .585 | Gañou Primeira Rolda (New Orleans, 4–2) Perdeu Semifinais de Conferencia (Detroit, 2–4) |
Larry Brown | |
2003–04 | Leste | 11º | Atlántico | 5º | 33 | 49 | .402 | Non se clasificou para os play-offs | Randy Ayers Chris Ford | |
2004–05 | Leste | 7º | Atlántico | 2º | 43 | 39 | .524 | Perdeu Primeira Rolda (Detroit, 1–4) | Jim O'Brien | |
2005–06 | Leste | 9º | Atlántico | 2º | 38 | 44 | .463 | Non se clasificou para os play-offs | Maurice Cheeks | |
2006–07 | Leste | 9º | Atlántico | 3º | 35 | 47 | .427 | Non se clasificou para os play-offs | Maurice Cheeks | |
2007–08 | Leste | 7º | Atlántico | 3º | 40 | 42 | .488 | Perdeu Primeira Rolda (Detroit, 2–4) | Maurice Cheeks | |
2008–09 | Leste | 6º | Atlántico | 2º | 41 | 41 | .500 | Perdeu Primeira Rolda (Orlando, 2–4) | Maurice Cheeks Tony DiLeo | |
2009–10 | Leste | 13º | Atlántico | 4º | 27 | 55 | .329 | Non se clasificou para os play-offs | Eddie Jordan | |
2010–11 | Leste | 7º | Atlántico | 3º | 41 | 41 | .500 | Perdeu Primeira Rolda (Miami, 1-4) | Doug Collins | |
2011–12 | Leste | 8º | Atlántico | 3º | 35 | 31 | .530 | Gañou Primeira Rolda (Chicago, 4-2) Perdeu Semifinais de Conferencia (Boston, 3-4) |
Doug Collins | |
2012–13 | Leste | 9º | Atlántico | 4º | 34 | 48 | .415 | Non se clasificou para os play-offs | Doug Collins | |
2013–14 | Leste | 14º | Atlántico | 5º | 19 | 63 | .232 | Non se clasificou para os play-offs | Brett Brown | |
2014–15 | Leste | 14º | Atlántico | 4º | 18 | 64 | .220 | Non se clasificou para os play-offs | Brett Brown | |
2015–16 | Leste | 15º | Atlántico | 5º | 10 | 72 | .122 | Non se clasificou para os play-offs | Brett Brown | |
Tempada regular | 2.726 | 2.578 | .514 | 47 Clasificacións para play-offs 11 Títulos de División 3 Títulos de Conferencia | ||||||
play-offs | 217 | 205 | .514 | 9 Títulos de Conferencia 3 Campionatos da NBA |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Philadelphia 76ers 2023–2024 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
---|---|---|---|
2 | Moses Malone | P | 1982-94 |
3 | Allen Iverson | B | 1996-06, 2009-10 |
6 | Julius Erving (Dr. J) | A | 1976-87 |
10 | Maurice Cheeks | B | 1978-89 |
13 | Wilt Chamberlain | P | 1965-68 |
15 | Hal Greer | B | 1963-73 |
24 | Bobby Jones | A | 1978-86 |
32 | Billy Cunningham | AP | 1965-76 |
34 | Charles Barkley | AP | 1984-92 |
Dave Zinkoff | - | 1963-85 |
No cadro de "anos" tan só se inclúe o ano do seu debut no equipo e o ano do seu último partido no mesmo, sen precisar se xogou nos Sixers en tódolos anos intermedios. Este é o caso de Moses Malone que xogou entre 1982 e 1986, para regresar a xogar unha última tempada en 1993-94. No caso deste último xogador cómpre sinalar que o seu dorsal número 2 nunca foi retirado de xeito oficial polo equipo, mais si foi retirado da circulación. Tamén cómpre destacar que dous dos xogadores que teñen o seu dorsal retirado foron posteriormente adestradores dos 76ers; é o caso de Billy Cunningham (1977-85) e Maurice Cheeks (2005-08). No caso de Wilt Chamberlain, á parte de ter nado en Filadelfia, tamén xogou nos Philadelphia Warriors entre 1959 e 1962. Hal Greer xogaba xa nos Sixers dende 1958, aínda que até 1963 o equipo era coñecido como Syracuse Nationals. Dave Zinkoff, comentarista dos Sixers entre 1963 e 1985 xa o fora dos Philadelphia Warriors dende 1946 até 1962
Membros do Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Os seguintes xogadores foron incluídos no Basketball Hall of Fame. Earl Lloyd, a pesar de ter sido xogador, foi incluído como contribuidor.
Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
---|---|---|---|
2 | Moses Malone | P | 1982-94 |
4 | Dolph Schayes | AP | 1950-64 |
6 | Julius Erving (Dr. J) | A | 1976-87 |
13 | Wilt Chamberlain | P | 1965-68 |
15 | Al Cervi | B | 1949-53 |
15 | Hal Greer | B | 1963-73 |
16 | Bailey Howell | A | 1970-71 |
32 | Billy Cunningham | AP | 1965-76 |
34 | Charles Barkley | AP | 1984-92 |
Earl Lloyd | - | 1952-58 |
Premios
[editar | editar a fonte]Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
|
Primeiro Quinteto Defensivo da NBA
|
Segundo Quinteto Defensivo da NBA
Primeiro Quinteto de Rookies da NBA
Segundo Quinteto de Rookies da NBA
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 sportsecyclopedia.com Syacuse Nationals Historical Moments. NBL Years
- ↑ basketball-reference.com 1949-50 NBA Season Summary Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ basketball-reference.com 1954-55 NBA Season Summary Arquivado 06 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com Biografía de Wilt Chamberlain
- ↑ NBA.com 1965 Playoff Results Arquivado 03 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ 6,0 6,1 nba.com/history, Top 10 Teams in NBA History Arquivado 28 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1967 Playoff Results Arquivado 16 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ basketball-reference.com 1972-73 Philadelphia 76ers Arquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1977 NBA Finals Arquivado 23 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1978 Playoff Results Arquivado 16 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1980 Playoff Results Arquivado 29 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1981 Playoff Results Arquivado 05 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ basketball-reference.com 1982-83 Philadelphia 76ers Arquivado 29 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1982-83 Philadelphia 76ers Arquivado 29 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ basketball-reference.com 1982-83 NBA Season Summary Arquivado 04 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1984 Playoff Results Arquivado 09 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1986 Playoff Results Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1987 Playoff Results Arquivado 23 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1989 Playoff Results Arquivado 23 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ NBA.com 1990 Playoff Results Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ basketball-reference.com 1995-96 NBA Season Summary Arquivado 04 de outubro de 2012 en Wayback Machine., consultado abril de 2008
- ↑ elmundo.es A NBA perde por tres puntos (Consultado abril de 2008)
- ↑ NBA.com 1999 Playoff Results Arquivado 11 de abril de 2010 en Wayback Machine. (Consultado marzo de 2008)
- ↑ NBA.com 2000 Playoff Results Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. (Consultado marzo de 2008)
- ↑ CNNSI.com Iverson MVP do All-Star de 2001 Arquivado 06 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (Consultado marzo de 2008)
- ↑ NBA.com Iverson é traspasado a Denver Nuggets
- ↑ NBA.com Webber ficha por los Pistons[Ligazón morta]
- ↑ NBA.com Los Sixers firman al novato Herbert Hill Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.