Saltar ao contido

Sistema endócrino

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Principais glándulas endócrinas. (Masculinas na esquerda, femininas na dereita.) 1. Glándula pineal 2. Hipófise 3. Tiroide 4. Timo 5. Glándula suprarrenal 6. Páncreas 7. Ovario 8. Testículo

O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan:

  • Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
  • Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células.
  • Regular o equilibrio (homeostase) do organismo.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Toman como vía de distribución o sangue.
  • Mantén os seus efectos durante bastante tempo.
  • O tempo que tardan en actuar é longo.

Hormona e feromona

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Hormona.

Son substancias que fan efecto sobre o animal que as produce.

Feromonas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Feromona.

Son substancias que fan efecto sobre outros animais da mesma especie do individuo que o produce.

Órganos endócrinos e hormonas producidas

[editar | editar a fonte]
Hormona secretada Abreviatura Producida por Efectos
Hormona liberadora da tirotropina
(hormona liberadora de prolactina)
TRH ou TSHRH Neuronas neurosecretoras parvocelulares Estimula a liberación de hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise (principalmente)
Estimula a liberación de prolactina da adenohipófise
Dopamina
(hormona inhibidora de prolactina)
DA Neuronas produtoras de dopamina do núcleo arcuato Inhibe a liberación de prolactina da adenohipófise
Hormona liberadora de somatotropina (somatocrinina) GHRH Células neuroendocrinas do núcleo arcuato Estimula a liberación de hormona do crecemento (GH) da adenohipófise
Somatostatina
(hormona inhibidora da hormona de crecemento)
GHIH Células neuroendocrinas do núcleo periventricular Inhibe a liberación da hormona de crecemento (GH)] da adenohipófise
Inhibe a liberación da hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise
Hormona liberadora da gonadotropina GnRH ou LHRH Células neuroendocrinas do área preóptica Estimula a liberación de hormona foliculoestimulante (FSH) da adenohipófise
Estimula a liberación da hormona luteinizante (LH) da adenohipófise
Hormona liberadora da corticotropina CRH ou CRF Neuronas neurosecretoras parvocelulares Estimula a liberación de hormona adrenocorticotropa (ACTH) da adenohipófise
Oxitocina Células neurosecretoras magnocelulares Contracción uterina
Lactación materna
Vasopresina
(hormona antidiurética)
ADH ou AVP Neuronas neurosecretoras parvocelulares Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo
Hormona secretada Células que a orixinan Efectos
Melatonina (Principalmente) Pinealocitos Antioxidante
Encargada do ritmo circadiano incluíndo a somnolencia
Dimetiltriptamina Especúlase un papel nos soños e experiencias místicas
Adenohipófise (hipófise anterior)
[editar | editar a fonte]
Hormona secretada Abreviatura Células secretoras Efectos
Hormona do crecemento
(somatotropina)
GH Somatotropas Estimula o crecemento e a reprodución celular
Estimula a liberación do factor de crecemento insulínico tipo 1 secretado polo fígado
Hormona estimulante da tiroide
(tirotropina)
TSH Tirotropas Estimula a síntese de tiroxina (T4) e triiodotironina (T3) e liberación dende a glándula tiroide
Estimula a absorción de iodo por parte da glándula tiroide
Hormona adrenocorticotropica
(corticotropina)
ACTH Corticotropas Estimula a síntese e liberación de corticosteroides (glicocorticoides e mineralocorticoides) e andróxenos por parte da codia adrenal
Hormona foliculoestimulante FSH Gonadotropas En femias: estimula a maduración dos folículos ováricos
En machos: estimula a maduración dos túbulos seminiferos
En machos: estimula a espermatoxénese
En machos: estimula a produción de proteínas ligadoras de andróxenos nas células de Sertoli nos testículos
Hormona luteinizante LH Gonadotropas En femias: estimulan a ovulación
En femias: estimula a formación do corpo lúteo
En machos: estimula a síntese de testosterona por parte das células de Leydig
Prolactina PRL Lactotropas e mamotropas Estimula a síntese de liberación de leite dende a glándula mamaria
Media o orgasmo
Neurohipófise (hipófise posterior)
[editar | editar a fonte]
Hormona secretada Abreviatura Células que a orixinan Efectos
Oxitocina Células neurosecretoras magnocelulares Contracción uterina
Lactación materna
Vasopresina
(hormona antidiurética)
ADH o AVP Neuronas neurosecretoras parvocelulares Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo

A oxitocina e vasopresina non son secretadas na neurohipófise, só son almacenadas.

Hormona secretada Abreviatura Células que a orixinan Efectos
Hormona estimulante de melanocitos MSH Melanotropas Estimula a síntese e liberación de melanina aos melanocitos da pel e o pelo
Hormona secretada Abreviatura Células que a orixinan Efectos
Triiodotironina T3 Células epiteliais da tiroide (Forma máis potente de hormona tiroide)
Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal
Estimula o ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica
Tiroxina
(tetrayodotironina)
T4 Células epiteliais da tiroide (Forma menos activa de hormona tiroide)
(Actúa como unha prohormona para orixinar triiodotironina)
Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal
Estimula a ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica
Calcitonina Células parafoliculares Estimula os osteoblastos e a construción ósea
Inhibe a liberación de Ca2+ do óso, reducindo desa forma o Ca2+ sanguíneo

Sistema dixestivo

[editar | editar a fonte]
Hormona secretada Abreviatura Células secretoras Efectos
Gastrina (principalmente) Células G Secreción de ácido gástrico polas células parietais
Ghrelina Células P/D1 Estimula o apetito, a secreción de somatotropina da adenohipófise
Neuropéptido Y NPY incrementa a inxesta de alimentos e diminúe a actividade física
Somatostatina Células delta Suprime a liberación de gastrina, colecistoquinina (CCK), secretina, motilina, péptido intestinal vasoactivo (VIP), polipéptido intestinal gástrico (GIP), enteroglicagón. A baixa taxa de baleiramento gástrico reduce as contraccións do músculo liso e fluxo sanguíneo dentro do intestino[1]
Histamina Células ECL Estimula a secreción de ácido gástrico
Endotelina Células X Contracción do músculo liso estomacal[2]
Hormona secretada Células secretoras Efectos
Secretina Células S Secreción de bicarbonato dende o fígado, páncreas e as glándulas de Brunner duodenais.

Incrementa o efecto da colecistoquinina.

Suspende a produción de zume gástrico.

Colecistoquinina Células I Liberación de enzimas dixestivas dende o páncreas

Liberación de bile dende a vesícula biliar

Supresión da fame

Hormona secretada Abreviatura Células secretoras Efectos
Factor de crecemento insulínico (ou somatomedinas) (Principalmente) IGF Hepatocitos Efecto reguladores semellantes á insulina que modulan o crecemento celular e crecemento corporal
Anxiotensinóxeno e anxiotensina Hepatocitos vasoconstrición

Liberación de aldosterona dende a codia suprarrenal dipsóxeno

Trombopoetina Hepatocitos Eestimula a produción de plaquetas por parte dos megacariocitos[3]
  1. Colorado State University - Biomedical Hypertextbooks - Somatostatin Arquivado 22 de maio de 2023 en Wayback Machine.
  2. Endo K, Matsumoto T, Kobayashi T, Kasuya Y, Kamata K (2005). "Diabetes-related changes in contractile responses of stomach fundus to endothelin-1 in streptozotocin-induced diabetic rats". Journal of Smooth Muscle Research 41 (1): 35–47. PMID 15855738. doi:10.1540/jsmr.41.35. 
  3. Kaushansky K (2006). "Lineage-specific hematopoietic growth factors". N Engl J Med. 354 (19): 2034–45. PMID 16687716. doi:10.1056/NEJMra052706. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]