Shirley Temple
Shirley Jane Temple, nada en Santa Monica (California) o 23 de abril de 1928 e finada en Woodside, no mesmo estado, o 10 de febreiro de 2014,[1] foi unha diplomática estadounidense e antiga actriz infantil. Protagonizou máis de 40 películas de cinema durante os anos 1930.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ninguén sabe cando Shirley Temple comezou a facer películas xa que os estudios FOX fixeron un certificado de nacemento falso. Entre finais de 1931 e 1933 apareceu en dúas series de curtas para Educational Pictures. A súa primeira serie, Baby Burlesks, satirizaba as películas e política recentes. As series foron consideradas polémicas por algúns telespectadores pola súa representación de nenos pequenos en situacións adultas. A súa segunda serie en Educational, Frolics of Youth, foi un pouco máis aceptable e fixo o papel dunha irritante irmá máis nova nunha familia suburbana contemporánea.
Mentres traballaba para Educational Pictures, Temple tamén interpretou moitos papeis de figurante en diferentes películas. Finalmente asinou con Fox Film Corporation (que máis tarde se fusionou con 20th Century Pictures para converterse en 20th Century Fox) a finais de 1933 despois de aparecer en Stand Up and Cheer! con James Dunn. Máis tarde, fixo parella no cinema con Dunn en varias películas.
Amorne estaría con Fox até 1940, converténdose na actriz máis lucrativa para o estudio. O seu contrato foi corrixido varias veces entre 1933 e 1935, e foi prestada a Paramount para un par de películas exitosas en 1934. Durante catro anos sólidos, figurou como a estrela máis popular dos Estados Unidos. Para mantela na súa infancia, o certificado de nacemento de Shirley fora alterado. Só no seu duodécimo aniversario deuse conta de que tiña de feito trece.[2]
A súa popularidade gañou tanto a súa adulación pública como a aprobación dos seus colegas. Mesmo con cinco anos, o selo das súas actuacións era o seu profesionalismo: sempre tiña as súas frases memorizadas e os seus pasos de baile preparados cando a rodaxe comezaba. Foi a primeira receptora do Óscar Xuvenil en 1935. Setenta anos máis tarde, Temple era aínda a intérprete máis nova de toda a historia do cinema en recibir esta honra. Foi tamén a actriz máis nova en engadir as pegadas de pés e mans no exterior do Grauman's Chinese Theatre.
Morte
[editar | editar a fonte]Shirley Temple faleceu de causas naturais na noite do 10 de febreiro de 2014, á idade de 85 anos na súa casa en Woodside, California, rodeada da súa familia e seres queridos.[3][4] Sobrevívenlle os seus tres fillos, así como os seus netos e bisnetos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Shirley Temple, molde de todas las niñas prodigio del cine" El Mundo.
- ↑ "Thirteen". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ Hollywood star Shirley Temple dies.
- ↑ "Shirley Temple, former Hollywood child star, dies at 85". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ Shirley Temple grandchildren Arquivado 22 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shirley Temple |
- Actores de California
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Cantantes de California
- Nados en 1928
- Finados en 2014
- Nados en Santa Monica
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Óscar honorífico