Schneider Electric
Schneider Electric | |
---|---|
Schneider Electric | |
Schneider na República Checa. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1836 |
Localización | Rueil-Malmaison, Francia |
Fundador | Eugène I e Adolphe Schneider |
Industria | Electricidade |
Produtos | Material eléctrico e electrónico |
Beneficio | 23.946 millóns de euros (2012) |
Número de empregados | 152.384 (2012) |
Na rede | |
https://www.se.com e https://retailpavilion-in.se.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Schneider Electric é un grupo industrial europeo adicado principalmente ao sector eléctrico. Produción, transformación, distribución e consumo eléctrico. A empresa vende en 190 países e ten máis de 200 fábricas.
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi fundada polos irmáns Eugène I e Adolphe Schneider en Le Creusot, Francia. Nos inicios a empresa era unha empresa metalúrxica pesada, pioneira no sector. Nos anos 1905 comezaron a traballar na nova industria eléctrica fabricando locomotoras. Ampliando o negocio á fabricación de compoñentes de automóbiles e posteriormente armamento. En 1950 xa baixo a dirección de Charles Schneider comezou a medrar mercando outras empresas do sector eléctrico: Merlin Gerin (1992), Telemecanique (1988), Square D (1991), posteriormente mercaría Modicon.
En España
[editar | editar a fonte]A empresa chega a España nos anos 1950 que marca Telemecanique ca empresa Manufacturas Metálicas Madrileñas. A filial da empresa créase nos anos 1960 en 1969 crearíase a fábrica de Xetafe. Nos anos 1980, nace Merlin Gerin España despois de mercar Gardy. Posteriormente a empresa mercou: Cabimetal, Mesa, MGE UPS, Himel, Eunea, Cevelsa, SquareD e Semat entre outras. Schneider Electric España ten a súa sede corporativa en Barcelona[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La historia del Grupo Schneider Electric en España". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015.