Saltar ao contido

Saab Group

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saab Group

Editar o valor en Wikidata
Tipoaeroespacial e defensa
Fundación1937
LocalizaciónEstocolmo
Produtossistemas de control de tráfico aéreo
cazas
avións militares
sistemas militares
radares
Número de empregados15 465 (2016)[1]
Na rede
https://www.saab.com/
Facebook: saab Twitter: Saab Instagram: saab Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Saab Group (orixinalmente Svenska Aeroplan AB e posteriormente SAAB e Saab AB) é unha compañía de defensa e aviación sueca fundada no ano 1937. Dende 1947 ata 1990 foi a compañía matriz do fabricante de coches Saab Automobile. Entre 1968 e 1995 a compañía estivo fusionada con Scania-Vabis, sendo coñecida como Saab-Scania. As dúas empresas separáronse coa chegada do novo dono de Saab, Investor AB. A pesar da separación, tanto Saab como Scania comparten o dereito de usar o logotipo do grifón,[2] que procede do escudo de armas da rexión sueca de Escania.

Svenska Aeroplan AB (SAAB) fundouse no ano 1937 en Trollhättan. Coa fusión de Svenska Aero AB (SAAB) e a compañía baseada en Linköping ASJA[3] no ano 1939, a sede trasladouse a esta cidade.

Orixinalmente a compañía dedicouse á fabricación de avións pero comezou a diversificar os seus negocios. A finais dos anos 40 Saab empezou a fabricar coches coa súa división Saab Automobile, baseada en Trollhättan. O seu primeiro coche foi o Saab 92 que comezou a fabricarse a grande escala o 12 de decembro de 1949 baseado no prototipo Ursaab.[4]

A finais dos ano 50 Saab aventurouse no mercado dos ordenadores con Datasaab. A compañía foi parcialmente resultado da necesidade de fabricar un ordenador o suficientemente pequeno como para ser montado nun avión como equipo de navegación. Durante os anos 60 desenvolveu varios ordenadores que foron vendidos a países europeos para usos como a banca. O ordenador de aviación CK 37 foi utilizado en 1971 no Viggen. A compañís foi vendida en 1975 a Sperry UNIVAC, mentres que Saab retivo os seus desenvolvementos en ordenadores de voo.

En maio de 1965 o nome da compañía cambiou a Saab AB para reflectir o seu amplo rango de actividades.[3] En 1968 Saab AB fusionouse co fabricante sueco de camións, autobuses e motores Scania-Vabis,[5] converténdose en Saab-Scania AB.

En 1990 General Motors mercou o 51% de Saab Automobile, e fíxose co resto da división de coches unha década despois. En 1991 Investor AB completou unha compra apalancada de Saab-Scania AB facéndose con todas as súas accións en circulaciónpor uns 21 000 millóns de coroas suecas.[6] Saab-Scania converteuse nunha subsidiaria de Investor AB e a compañía foi eliminada do rexistro.[7]

En 1995 Saab-Scania foi dividida por Investor AB en dúas compañía independente, eliminando a fusión entre Scania AB e Saab AB. A intención da compañía matriz era ampliar posteriormente a propiedade nas dúas empresas.[8] Tras a venda do 50% de Saab Automobile AB a General Motors, a principal razón tras a fusión con Scania-Vabis en 1968 desaparecera.

Saab Military Aircraft e British Aerospace (agora BAE Systems) formaron en 1995 a empresa conxunta Saab-BAe Gripen AB para fabricar, comercializar e apoiar internacionalmente ao Gripen. Esta cooperación ampliouse en 2001 coa creación de Gripen International para o mesmo propósito.[5]

Dende 1998 ata 2005 o maior accionista en Saab foi BAE Systems, despois de que o seu predecesor, mercase un 35% das accións a Investor AB. En xaneiro de 2005 BAE Systems reducíu a súa participación ao 20%, mentres Investor AB mantiña outro 20%.

O 16 de novembro de 1999 Saab anunciou a súa intención de mercar Celsius AB. finalizando a súa adquisición a principios de marzo do ano seguinte.[9]

En decembro de 2005 Saab uniuse ao proxecto do vehículo aéreo no tripulado furtivo Dassault nEUROn como un dos socios principais.

En 2010 a compañía reestruturouse, pasando de quince unidades de negocio a cinco: aeronáutica, dinámica, sistemas de defensa electrónica, solucións de seguridade e defensa, e apoio e servizos.[10] Segundo Saab, a reestruturación levouse a cabo para orientarse mellor cara ao mercado e os clientes.

En marzo de 2010 BAE Systems vendeu a metade do seu 20% das accións na compañía a Investor AB, que entón se converteu no principal accionista.[11] En xuño de 2011 a compañía británica vendeu o resto das súas accións chegando ao final de 16 anos de relación con Saab.[12]

Avións militares

[editar | editar a fonte]
  • Saab 17: bombardeiro/bombardeiro en picado producido entre 1941 e 1944. 323 fabricados.
  • Saab 18: bombardeiro e avión de recoñecemento bimotor producido entre 1944 e 1948. 245 fabricados.
  • Saab 21: caza/avión de ataque de dobre fuselaxe producido entre 1945 e 1949. 298 fabricados
  • Saab 21R: versión a reacción do Saab 21 producido entre 1950 e 1952. 64 fabricados.
  • Saab 29 Tunnan: caza producido entre 1950 e 1956. 661 fabricados.
  • Saab 32 Lansen: avión de ataque producido entre 1953 e 1959. 450 fabricados.
  • Saab 35 Draken: caza producido entre 1955 e 1974. 644 fabricados.
  • Saab 37 Viggen: avión de caza/ataque recoñecemento producido entre 1970 e 1990. 329 fabricados.
  • Saab JAS 39 Gripen: caza multipropósito introducido en 1996. Ao redor de 250 fabricados ata o prsente.
  • Saab 105: adestrador bimotor producido entre 1963 e 1972. 192 fabricados.
  • Saab 340 AEW&C: avión de alerta temperá e control aerotransportado producido entre 1994 e 1997. 8 fabricados.

Proxectos de avións militares cancelados

[editar | editar a fonte]
  • Saab 36: bombardeiro, anos 50. Ningún fabricado.
  • Saab 38: ataque/adestrador, anos 70. Ningún fabricado.

Avións civís

[editar | editar a fonte]
  • Saab 90 Scandia: avión de curto/medio alcance para 32 pasaxeiros producido entre 1946 e 1954. 18 fabricados.
  • Saab 91 Safir: adestrador monomotor producido entre 1946 e 1966. 323 built)
  • MFI-15 Safari/MFI-17 Supporter: adestrador monomotor producido entre 1971 e finais dos 70. Ao redor de 250 fabricados.
  • Saab 340: avión de pasaxeiros de curto alcance para 30-35 pasaxeiros producido entre 1983 e 1999. 459 fabricados.
  • Saab 2000: avión de pasaxeiros turbohélice para 50-58 pasaxeiros producido entre 1992 e 1999. 63 fabricados.

Avións experimentais

[editar | editar a fonte]
  • Saab 210: producido en 1952. 1 fabricado.
  • Saab/Linköping University Generic Future Fighter.[13][14]

Vehículos aéreos non tripulados

[editar | editar a fonte]

Sistemas de xestión de combate naval

[editar | editar a fonte]
  1. Saab Group (ed.). "Annual and Sustainability Report 2016" (PDF). Consultado o 29 de maio de 2018. 
  2. Brand New (ed.). "Saab’s Griffin Caught Between a Rock and a Hard Place". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Gunston, Bill (2005). Sutton Publishing, ed. World Encyclopedia of Aircraft Manufacturers, 2nd Edition. Gloucestershire. p. 164. ISBN 0-7509-3981-8. 
  4. Chapman, Giles (2009). Dorling Kindersley Limited, ed. The Illustrated Encyclopedia of Extraordinary Automobiles. ISBN 9781405336956. 
  5. 5,0 5,1 Swedecar (ed.). "Saab History". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  6. Funding Universe (ed.). "Saab Automobile AB History". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  7. Scania (ed.). "Financial history". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  8. Investor AB (ed.). "Annual report 1998" (PDF). Consultado o 31 de maio de 2018. 
  9. Saab Group (ed.). "Saab has acquired further shares in Celsius". Archived from the original on 17 de febreiro de 2015. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  10. Saab Group (ed.). "Business areas". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  11. The Telegraph (ed.). "BAE Systems sells 10pc stake in Saab". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  12. Financial Times (ed.). "BAE offloads Saab aerospace stake". Archived from the original on 27 de abril de 2012. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  13. Robotpig (ed.). "SAAB new stealth fighter program". Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  14. Flight Global (ed.). "Saab plots bright future for Gripen programme". Consultado o 5 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]