Saltar ao contido

SEAT 132

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEAT 132

Matriz Instituto Nacional de Industria
Fabricante SEAT
País España España
Montaxe Barcelona, Cataluña Cataluña
Período 1973 - 1982
Configuración
Tipo Automóbil de turismo
Segmento Segmento D
Carrozaría Sedán de 4 portas
Configuración Motor de 4 cilindros dianteiro lonxitudinal, tracción traseira
Dimensións
Lonxitude 4392 mm
Anchura 1640 mm
Altura 1435 mm
Distancia eixes 2557 mm
Peso 132 1600/1800: 1070 kg[1]
132 2000: 1120 kg[1]
132 2200 Diésel: 1215 kg[1]
132 Diésel: 1110 kg[1]
Características técnicas
Motor 1592 cc gasolina
1756 cc gasolina
1920 cc gasolina
1988 cc diésel
2197 cc diésel
(98, 107, 109, 55 e 60 CV)
Modelos relacionados
Antecesor SEAT 1500
Sucesor SEAT Toledo

O SEAT 132 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1973 e 1982, con licenza da empresa italiana Fiat. O modelo 132 foi o sucesor do SEAT 1500, e pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4 portas.

Durante os anos 1970 foi o mellor modelo da marca por prestacións, equipamento e motores. Contou con 5 motorizacións; 3 de gasolina e 2 diésel, que ofrecían un rango de potencias dende os 55 ós 109 CV.

O SEAT 132 deixou de ser fabricado en 1982 cando SEAT e Fiat romperon a súa tradicional colaboración. Este modelo non tivo un substituto directo.

Do SEAT 132 producíronse 108.725 unidades.[2]

Mecánica

[editar | editar a fonte]

Cando o SEAT 132 foi posto á venda en maio de 1973, tiña as seguintes motorizacións como opción:

  • O SEAT 132 1600 tiña un motor de catro cilindros e dúas árbores de levas en cabeza arrastrados por correa dentada con 1.592 cc e 98 CV (DIN) a 6.000 rpm.
  • O SEAT 132 1800 tiña un motor de catro cilindros e dúas árbores de levas en cabeza arrastrados por correa dentada con 1756 cc e 105 CV (DIN) a 6.000 rpm.
  • O SEAT 132 Diésel, lanzado en 1974, presentaba un motor Mercedes-Benz de 1988 cc e 55 CV (DIN) a 4.200 rpm, correspondendo ao ofrecido no Mercedes-Benz 200D, construídos baixo licenza pola MEVOSA. Isto seguiu a pauta estabelecida co SEAT 1500, que tamén estivera dispoñíbel cun motor Mercedes-Benz diésel coas súas dúas versións denominadas SEAT 1800 Diésel e SEAT 2000.

Dende o seu lanzamento, o 132 contaba coa opción dunha quinta velocidade, opción xeneralizada para o resto de modelos dende principios dos anos 1980. En 1976 ofreceuse unha transmisión automática opcional, o cal puido ter sido unha resposta ao éxito en España do Chrysler 180, tamén ensamblado nese país.[3]

Coa reestilización experimentada en 1974, o motor 1800 ve aumentado o seu rendemento en dous cabalos, pasando a tener 107 CV (DIN).

A partir de 1979, un SEAT 132 2000 estivo dispoñíbel cun motor de catro cilindros con 1.919 cc e 109 CV (DIN) a 5.800 rpm; nesta serie ofreceuse tamén unha versión diésel con motor Mercedes-Benz de maior cilindrada con catro cilindros e 2.197 cc, que desenvolvía 60 CV (DIN) a 4.200 rpm, semellante ao que montaba o Mercedes-Benz 220D.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "SEAT 132". Historiaseat.com. 
  2. "SEAT 132". Web Museoseat.com (non é unha web oficial). 
  3. "A new force emerging: Barcelona show". Autocar. 144 (nbr 4147): 25–26. 1 de maio de 1976. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]