Saltar ao contido

Rugby a 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRugby a 7
Imaxe
Tipodisciplina deportiva Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1833 – Editar o valor en Wikidata

Sevens de Hong Kong.
Situación do xogo.

O rugby a 7 ou rugby sevens é unha variante do rugby union na que cada equipo compite con sete xogadores no campo, en encontros de 14 minutos divididos en dúas metades. A entidade que goberna o sevens é o World Rugby. Esta disciplina deportiva naceu na localidade escocesa de Melrose a finais do século XIX, onde comezou a disputarse o torneo Melrose Sevens.

O rugby a sete creouno Ned Haig, un carniceiro e xogador de rugby de Melrose (Escocia), como un evento creado para recadar fondos para o seu club en 1883. O primeiro encontro deste deporte celebrouse nas Greenyards cun gran recibimento. O torneo con máis participantes do mundo nesta modalidade é o National Schools Sevens do club Rosslyn Park de Londres, a onde van xogar máis de 7.000 estudantes de Inglaterra, de entre 13 e 19 anos.

O primeiro torneo oficial entre seleccións foi o Torneo Internacional de Seven-a-Side de 1973 disputado no Murrayfield Stadium. Ese torneo contou con oito seleccións: cinco europeas (Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Francia) e tres do hemisferio sur (Nova Zelandia, Australia e o President's VII de Suráfrica).

Debido a ese éxito, en 1976 creouse o Sevens de Hong Kong. Nas súas orixes, o torneo combinaba clubs e seleccións especiais de países anglosaxóns con seleccións nacionais de países de Asia e Oceanía. O número de combinados nacionais foi aumentando co tempo.

En 1993, creouse a Copa do Mundo de Rugby a 7. Este campionato dispútase cada catro anos, pero a sétima edición disputarase con cinco anos por medio da copa anterior.

No ano 1999, confirmáronse as Series Mundiais de Rugby a 7, un certame que consiste en 10 torneos de seleccións nacionais.

O primeiro torneo de seleccións nacionais femininas de rugby a 7 foi o Sevens de Hong Kong 1997. En 2009 comezouse a disputar a Copa do Mundo Feminina. No 2012 creáronse as series femininas.

Diferenzas co rugby union

[editar | editar a fonte]

O máis importante do sevens é ter velocidade, técnica e unha boa forma física. Un equipo está maioritariamente formado por xogadores de 3/4, xa que son máis rápidos que os dianteiros, aínda que normalmente os terceiros liñas (flankers e número 8) forman parte destes equipos.

Ademais, os xogadores teñen que ser máis creativos á hora de crear xogadas por que as partes só duran 14-20 minutos por partido.

Hai moitas variantes nas regras do xogo, que son principalmente para axilizar o xogo e xustificar o número reducido de xogadores. Os cambios principais son estes.

  • 7 xogadores (non 15)
  • 5 suplentes e 3 trocos (en vez de 7 e 7)
  • Descanso intermedio de 1 minuto, menos nos campionatos que é de 2 (non 10)
  • Se o encontro remata en empate, continúase cunha prórroga de morte súbita en períodos de 5 minutos
  • As conversións deben ser realizadas mediante unha patada en aire (non cun place kick, patada unha posición estática no chan)
  • A conversión debe facerse nos 40 segundos seguintes a realizarse o ensaio (en lugar de en 90 segundos)
  • Melés de 3 persoas (non de 8)
  • O equipo que marca saca (en vez de que saque o que non marcou)
  • Os cartóns amarelos suspenden a un xogador durante 2 minutos (e non durante 10)
    • As suspensións nesta modalidade son moito máis graves. O equipo xoga cunha persoa menos durante un 1/7 de parte e non durante 1/8

de encontro. Ademais, perder a unha persoa de 7 xera moitos máis espazos que perder a unha de 15.

Competicións

[editar | editar a fonte]

As competicións de sevens máis importantes son:

  • As Series Mundiais de Rugby a 7. Campionato anual entre seleccións nacionais, composto por 9 torneos que se disputan entre novembro e maio. Un deles, o Sevens de Hong Kong, está considerado o torneo de sevens máis importante do mundo.
  • A Copa do Mundo de Rugby a 7. Campionato entre seleccións nacionais que se disputa cada 4 anos.

Tamén se disputan competicións de sevens nos Xogos da Commonwealth dende 1998, nos Xogos Mundiais dende o 2001 e nos Xogos Panamericanos dende 2011. A partir de Río de Xaneiro 2016 será un deporte olímpico. Outros torneos históricos son o Middlesex Sevens e o Melrose Sevens.

Posicións

[editar | editar a fonte]
Posicións do rugby a 7
1 Piar 2 Piar
4 Talonador
 
3 Medio de melé
 
5 Apertura
 
6 Centro
 
7 Zagueiro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]