Rosalind Franklin
Rosalind Franklin, nada en Londres o 25 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 16 de abril de 1958, foi unha bióloga inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicouse á bioloxía molecular e colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física na Universidade de Cambridge no 1945. Aprendeu técnicas de difracción de raios X durante unha estadía de tres anos en París, no Laboratorio Central dos Servizos Químicos do Estado, tras o que se converteu en investigadora asociada no King's College de Londres. Sen o seu coñecemento,[1] outro investigador asociado do centro, M. Wilkins, amosou a James D. Watson algunha fotografía de difracción de raios X de ADN (ver foto 51) tomada polo equipo de Rosalind, quen, en contacto con Francis Crick, logrou determinar posteriormente a estrutura da molécula. No mesmo número de Nature no que se publicou o artigo crucial de Watson e Crick publicouse tamén outro de Wilkins e Franklin sobre o soporte de datos da difracción de raios X. Os tres primeiros foron galardoados co Premio Nobel de Medicina en 1962, pero daquela Rosalind Franklin xa estaba morta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aleixandre, Marilar. "As mulleres no cuarto das vasoiras". Nós Diario. Consultado o 2021-04-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.