Saltar ao contido

Ricardo I de Normandía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo I de Normandía

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Richard Ier de Normandie Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 933 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Fécamp, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 996 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Fécamp, Francia Editar o valor en Wikidata
Duque de Normandía
17 de decembro de 942 – 996
← Guillerme I de NormandíaRicardo II de Normandía → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGunora de Crépon (969, 962 (Gregoriano)–996)
Emma of Paris (960, 960 (Gregoriano)–968) Editar o valor en Wikidata
ParellaNN Editar o valor en Wikidata
FillosRobert of Normandy, Comte d'Avranches
 () NN
Fressenda of Hauteville
 () Gunora de Crépon
Papia de Normandie
 () Ricardo II de NormandíaPapia of Envermeu
Beatrix de Normandie
 () NN
unknown (?)
 ()
Miruel of Hauteville
 () Gunora de Crépon
Mauger, Count of Corbeil
 () Gunora de Crépon
Roberto de Évreux
 () Gunora de Crépon
Maud of Normandy
 () Gunora de Crépon
Geoffrey, Count of Eu
 () NN
Ricardo II de Normandía
 () Gunora de Crépon
Avoise da Normandia
 () Gunora de Crépon
William, Count of Eu
 () NN
Ema da Normandia
 () Gunora de Crépon Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme I de Normandía Editar o valor en Wikidata  e Esprota Editar o valor en Wikidata
IrmánsRodulf of Ivry Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Normandie-30

Ricardo I de Normandía, nado en 933 e finado o 20 de novembro de 996, chamado Ricardo sen Medo (en francés: Sans Peur), foi duque de Normandía desde o asasinato do seu pai Guillerme Espada Longa en 942 ata a súa morte en 996.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ricardo era fillo de Guillerme I de Normandía e da súa muller Sprota.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rolón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Guillerme I de Normandía
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Poppa de Bayeux
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ricardo I de Normandía
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Sprota
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ricardo casou no 960 con Emma, a filla de Hugo de París, coa que estaba prometida desde que ambos eran moi novos. Emma morreu sen descendencia no 968.

Segundo o cronista Roberto de Torigni, pouco despois da morte de Emma, o duque Ricardo se detivo a descansar na casa dun gardabosques durante unha cacería e namorouse da súa muller. Pero dado que a muller era virtuosa, non quixo ceder ás proposicións de Ricardo e suxeriulle que o intentase coa súa irmá solteira, Gunnora. Gunnora converteuse na concubina do Duque e máis tarde casaron para que os fillos da parella fosen lexitimados. Entre os fillos da parella estaban:

En 942 o seu pai morreu asasinado polos homes do seu rival Arnulfo de Flandres. Ricardo aínda era un neno e non puido evitar que Lois IV de Francia tomase Normandía e o retivese en Laon. Da súa prisión foi liberado por nobres normandos, entre os que estaba Osmundo de Centville (que fora compañeiro de armas do seu avó Rolón). En 968 aliouse co inimigo declarado do rei Lois IV, o conde Hugo de París, e coa axuda dos normandos e viquingos do rei Harold de Dinamarca expulsaron a Lois de Normandía.

Máis tarde enfrontouse ao rei Etelred de Inglaterra, que se queixou de que Normandía mercase gran parte dos botíns que os viquingos saqueaban aos ingleses.

Ricardo era bilingüe, pero favoreceu máis os intereses dos seus vasalos de orixe escandinava que os francos. Non obstante, durante o seu reino Normandía completou o proceso de galicización e cristianización, e a estrutura feudal reforzouse. Tamén reorganizou o exército normando, baseándoo na cabalería pesada. Á morte do conde Hugo de París en 956 converteuse no gardián do seu fillo Hugo Capeto, que se convertería en rei de Francia coa súa axuda[1].

Morreu aos 63 anos en Fécamp en 996, e foi sucedido polo seu fillo Ricardo.

  1. Enciclopèdia Catalana: Ricard I de Normandia Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (accés el 20-12-09)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]