Ricardo
Aparencia
Ricardo[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é xermánica, composto pola raíz recc, un elemento onomástico gótico, e mais o franco hardus ‘duro, sólido’.[1] En galego ten os hipocorísticos Caíño, Cardocho e Carducho.[1]
En xaneiro de 2023 existían 5.661 varóns en Galicia co nome Ricardo, cunha media de idade de 56,7 anos.[2]
Santoral
[editar | editar a fonte]- 7 de febreiro, por San Ricardo o Saxón
- 3 de abril, por San Ricardo de Chichester (bispo de Inglaterra).
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Baixo alemán: Ri(c)kert
- Alemán: Richard
- Linguas nórdicas: Rikard, Rickard
- Castelán: Ricardo
- Catalán: Ricard
- Francés: Richard
- Irlandés: Ristéard
- Gaélico escocés: Ruiseart
- Galés: Rhisiart
- Inglés: Richard
- Italiano: Riccardo
- Polaco: Ryszard
- Portugués: Ricardo
Persoeiros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.). "Ricardo". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Ricardo na Web do Intituto Galego de Estatística