Rexións do Xapón
Aparencia

As rexións do Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:
- Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade.
- Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshu. Sendai é a principal cidade.
- Kanto - No leste da illa de Honshu. Toquio e Iocoama son as principais cidades.
- Rexión de Chūbu - No centro de Honshu. Nagoia é a principal cidade.
- Rexión de Kinki - No sur de Honshu. Osaca, Kobe e Kyoto son as principais cidades.
- Rexión de Chūgoku - No extremo oeste do sur de Honshu. Hiroxima é a principal cidade.
- Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade.
- Kyūshū - Composta pola illa de Kyūshū e polas illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web-Japan.org (en castelán)