Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Rexión de Tigray (en tigriña: ክልል ትግራይ, kilil Tigrāy; cuxo nome oficial é en tigriña: ብሔራዊ ክልላዊ መንግሥቲ ትግራይ, Bəh̩erawi Kəllelawi Mängəśti Təgray ou "Estado Rexional Nacional Tigray") é a máis setentrional das nove rexións étnicas (kililat) de Etiopía. Tigray é a terra dos pobos tigriña, irob e kunama. Tigray tamén é coñecida como "Rexión 12" segundo a constitución federal de 1995. A súa capital e meirande cidade é Mekelle. Tigray é a sexta rexión máis grande do país e a quinta máis poboada.