Saltar ao contido

Relixións abrahámicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolos das relixións abrahámicas

Denomínanse tradicionalmente relixións abrahámicas ao xudaísmo, cristianismo e islam, por trazaren a súa orixe na tradición bíblica do patriarca Abraham, quen rexeitou os deuses imperantes na súa terra natal e propugnou a idea dun Deus único, creador, xuíz, non coñecible, omnipotente e eterno. Ás veces tamén se inclúe neste grupo a outras relixións con menor difusión, como a Fe Bahá'í, samaritanismo, mandeísmo, yazidismo, drusos e outras.

Características

[editar | editar a fonte]
  • O monoteísmo, a crenza nun só deus.
  • A crenza que ese deus único guía á humanidade por medio da revelación aos profetas, e cada relixión incorpora as ensinanzas que Deus revelou por medio dun libro sagrado.
  • Orixes semíticas.
  • Orientación ética, todas definen a elección entre o ben e o mal e demandan obediencia aos preceptos establecidos por Deus.
  • Unha visión escatolóxica da historia e do destino, comezando coa creación e coa participación activa de Deus.
  • Importancia de Xerusalén.