Saltar ao contido

ROM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ROM (Read Only Memory, en galego Memoria de só lectura), é un termo empregado en informática para designar unha memoria que non se pode reescribir. Representa un termo en uso relativo na actualidade. Del derivaron outros máis complexos na súa concepción, como EPROM, EEPROM etc. É unha memoria de semicondutor non destructible, é dicir, que non se pode escribir sobre ela, e que conserva intacta a información almacenada, incluso no caso de interrupción da corrente (memoria non volátil). A ROM acostuma almacenar a configuración do sistema ou o programa de arranque do ordenador.