Río Niemen
Tipo | río rio internacional (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Belarús, Lituania, Letonia, Rusia e Polonia | ||||
División administrativa | Provincia de Grodno, Belarús, Rexión de Minsk, Belarús e Óblast de Kaliningrado, Rusia | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Báltico | ||||
| |||||
Afluentes | 178 | ||||
Distributario | Matrosovka (en) , Rusnė (en) , Skirvytė (en) e Atmata (en) | ||||
Conca hidrográfica | Neman Basin (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 937 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 98.200 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 678 m³/s | ||||
O río Niemen (en lituano, Nemunas; en belaruso, Нёман; en ruso, Неман; en polaco, Niemen; en alemán, Memel; e en sueco, Njemen) é un río da Europa oriental que transcorre por Belarús e Lituania e que, no seu curso baixo, forma a fronteira entre Lituania e Rusia (co exclave do óblast de Kaliningrado).
Xeografía
[editar | editar a fonte]É o décimo cuarto río en lonxitude de toda Europa, con 937 km, o máis longo de Lituania e o terceiro de Belarús. As súas augas son tranquilas (nace a 176 m sobre o nivel do mar), cunha velocidade media dun a dous metros por segundo, e cunha profundidade máxima de cinco metros.
Os seus maiores afluentes son os ríos Neris, con 510 quilómetros, Ščiara, con 325 quilómetros, e Šešupė, cunha lonxitud de 298 quilómetros. Proporciona grandes recursos para as comunicacións dos países que atravesa, sendo a navegación moi activa en verán.
O río Niemen nace en Slomin, en Godno, e alí se lle unen algúns afluentes, facéndose navegábel; pasa logo por Alytus e despois por Kaunas. Máis adiante pasa por Smalininkai, segue o seu curso de leste a oeste recibindo dous afluentes, o Šešupė e o Jūra. Baña a cidade de Tilsit (agora Sovetsk en ruso).
Desemboca no mar Báltico cerca de Klaipeda, na Lagoa de Curlandia, onde forma un delta, dividíndose nun labirinto canais mesturándose con pólderes e zonas húmidas que fan do delta un destino atractivo para o ecoturismo. As catro principais ramas son Atmata, Pakalnė, Skirvytė e Gilija.
O río ten un papel crucial no ecosistema da lagoa de Curlandia. Proporciona a principal fonte de auga na lagoa e mantén a súa auga case doce. Isto permite que vivan alí animais de auga doce e de auga salobre.
Conforme se expande o delta do Niemen, a lagoa vai afundindo.
Posto que o delta se encontra en Lituania, a miúdo se lle chama delta do Nemunas. Alí creouse un parque rexional no ano 1992.
Historia
[editar | editar a fonte]Debe este río certa celebridade histórica a unha entrevista que o 25 de xuño de 1807 toveron nunha balsa no medio do río os dous emperadores Napoleón I e Alexandre I, aos que se uniu despois o rei de Prusia Frederico Guillerme III; dita entrevista serviu de preliminar para a Paz de Tilsit.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Niemen |