Saltar ao contido

Prea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voitres africanos comendo os restos dun ñu en Kenya.

A prea[1][2] é carne corrompida, a carne de animais mortos que serve de alimento a certos animais necrófagos que se alimentan de cadáveres.

A carne comeza a súa descomposición dende o intre no que morre o animal, atraendo aos insectos e sufrindo a proliferación de bacterias. Pouco despois da morte do animal, o corpo emite un fedor causado pola presenza das bacterias e dúas substancias chamadas cadaverina e putrescina, ademais doutros compostos intermedios como a mortina, a putrefactina e a necroctina.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prea.
  2. Nos dicionarios clásicos aparece recollida tamén a forma carniza, non aceptada no VOLGa.