Saltar ao contido

Pneumotórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pneumotórax
Clasificación e recursos externos
Rx de tórax dun pneumotórax esquerdo a tensión
DiseasesDB10195
MedlinePlus000087
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Tomografía computadorizada do tórax amosando pneumotórax esquerdo (lado dereito da imaxe). Unha drenaxe obsérvase in situ, entre a cavidade pleural e as costelas.

pneumotórax[1] é a entrada de aire no espazo (virtual no san) interpleural: entre a pleura visceral e a parietal.[2][3][4]

Orixina un colapso pulmonar de maior ou menor magnitude, coa súa correspondente repercusión na mecánica respiratoria e hemodinámica do paciente, onde a orixe pode ser externa (perforación na caixa torácica) ou interna (perforación nun pulmón).[5][6] Pola descrición da súa dor, en localización e intensidade, pode ser confundido cunha anxina de peito ou un infarto de miocardio.

Aínda que non supón un gran risco -coa debida atención hospitalaria- para a vida da persoa, o diagnóstico debe ser rápido e a súa atención case inmediata, xa que ademais do colapso pulmonar e a debida perda de osíxeno, a formación dun pneumotórax a tensión (onde o aire entra no espazo interpleural pero non sae) pode ser fatal en moi pouco tempo, ó ir comprimindo o outro pulmón e o corazón.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo a causa que desencadee o pneumotórax, pode ser:

  • Traumático: A causa do pneumotórax débese a un traumatismo (xa sexa aberto ou pechado) que provoca a entrada de aire entre as dúas capas da pleura. Estes, á súa vez poden clasificarse en iatroxénicos (por procedementos médicos) e en non iatroxénicos. Por exemplo, o que puidese causar unha costela rota ó rachar a pleura.
  • Espontáneo: O pneumotórax aparece sen ningún traumatismo previo. Podemos distinguir entre pneumotórax espontáneo primario (se non hai doenza pulmonar subxacente) ou pneumotórax espontáneo secundario (se o paciente sufría algún tipo de neumopatía previa). Hai que descartalo sempre ante calquera dor torácica ou dispnea de aparición brusca. A clínica e a exploración poden ser moi inaparentes. A aparición destes neumotórax adoita darse coa formación dunhas burbullas na pleura visceral (bulas), que rompan de súpeto orixinándoos.

O paciente do pneumotórax espontáneo adoita presentar un perfil de alta estatura, superior ós 180 cm, complexión delgada, pulmóns grandes e alongados, e unha idade de entre 20 e 30 anos, a maior incidencia segundo menor é a idade neste rango, e cun risco case 5 veces maior en homes. Ademais, afeccións como a asma poden axudar á formación destes, así como o tabaco chega a multiplicar por 22 o risco de que se produzan en homes e por 9 en mulleres.[7]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o grao de afectación pulmonar, denomínase:

  • Laminar
  • Moderado
  • Masivo
  • A tensión
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pneumotórax.
  2. eMedicine
  3. Bassano, Nicolás (2009). "Guía clínica de neumotórax simple en el primer episodio (NSPE)" (PDF) (en castelán). Hospital Provincial Neuquén. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2015. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  4. Peñalver Mellado, C.; Lorenzo Cruz, M.; Sánchez Gascón, F. "Neumotórax" (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  5. Enciclopedia ilustrada Cumbre, Editorial Cumbre.
  6. "Neumotórax" (PDF). Revista Argentina de Medicina Respiratoria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xullo de 2015. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  7. "Alteraciones broncopulmonares del tabaquismo". Servicio de Pneumología. Hospital de Galdakao.