Paurópodos
Paurópodos Pauropoda | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pauropus huxleyi | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||
|
A dos paurópodos[2][3] (Pauropoda) son unha clase de miriápodos diminutos (de 0,5 a 2 mm), corpo brando, coas antenas ramificadas e con entre 9 e 11 pares de patas. Viven en lugares húmidos e son saprófagos. Saen do ovo con só tres pares de patas. Coñécense entre 500[4] e 715[5][6] especies.
Características
[editar | editar a fonte]Os paurópodos teñen a cutícula branda, sen calcificar. Non teñen ollos, aínda que presentan un par de órganos sensoriais con aspecto de ollos; as antenas posúen entre catro e seis artellos sobre os que se insiren dúas curtas ramas provistas de flaxelos. As pezas bucais constan dun par de mandíbulas, e o primeiro par de maxilas fusionadas entre si orixinando un gnatoquilario; falta o segundo par de maxilas. Os gonóporos (poros xenitais) ábrense no terceiro segmento do tronco. Carecen de aparatos respiratorio e circulatorio.
Historia natural
[editar | editar a fonte]Os paurópodos móvense de maneira característica, con movementos rápidos e bruscos cambios de dirección.[7] Viven no solo, no humus, baixo pedras, troncos en descomposición, etc., e aliméntanse de fungos e materia orgánica en descomposición.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde dos Payropoda foi descrita en 1868 polo prehistoriador e naturalista británico John Lubbock.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Pauropoda é un substantivo neutro plural que está formado polos elementos do latín científico pauro- e -poda, tirados do grego antigo παῦρος paûros, 'pouco', e πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'perna', 'pata'. Litelamente: 'os de poucas patas'.[8][9]
Ordes
[editar | editar a fonte]Scheller, en 2008, propuxo unha clasificación dos parópodos que comprende dúas ordes, que inclúen 9 familias, 40 xéneros e ao redor de 780 especies,[6] clasificación que segues a maioría dos científico contemporáneos.
(Para outras clasificacións, véxanse Fauna Europaea, ITIS e WoRMS nas ligazóns externas).
Clase Pauropoda Lubbock, 1868
- Orde Hexamerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen seis artellos no pedicelo antenal. Son todos tropicais.
- Orde Tetramerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen catro artellos no pedicelo antenal. Viven tamén en rexións temperadas.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Especie de paurópdo non identificada.
-
Paurópdo non identificado.
-
Paurópodo da familia dos Eurypauropodidae.
-
Trachypauropus britannicus (Eurypauropodidae).
-
Pauropus amicus
1, vista ventra; 2, vista dorsal.
(Pauropodidae).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Scheller, Ulf (2008). "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38. doi:10.1163/187525408X316730.
- ↑ paurópodos no dicionario da RAG.
- ↑ paurópodo -da 1 adx Relativo ou pertencente aos paurópodos. 2 s m ANIMAL Artrópodo da clase dos paurópodos. 3 s m pl ANIMAL Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmntos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurtcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861.8
- ↑ 6,0 6,1 Ulf Scheller, (2008): "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38.
- ↑ "Tree of Life, Pauropoda". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ pauropoda Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no memidex.com.
- ↑ pauropoda Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine. no Oxford Living Dictionaries.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paurópodos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Paurópodos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760.
- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
- Scheller, Ulf (1990). "Pauropoda". En Daniel L. Dindal. Soil Biology Guide. New York: John Wiley and Sons. pp. 861–890. ISBN 978-0-471-04551-9.
- Scheller, Ulf (2002). "Pauropoda". En Jorge Llorente Bousquets; Juan J. Morrone. Biodiversidad, Taxonomía y Biogeografía de Artrópodos de México: Hacia una Síntesis su Conocimiento III. Tlalpan, México: Comisión Nacional para el Conocimiento y Uso de la Biodiversidad (CONABIO). (en castelán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pauropoda Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine. no Tree of Life.
- Pauropoda Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Pauropoda no ITIS.
- Pauropoda na ADW.
- Pauropoda no NCBI.
- Checklist of British Pauropoda Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine.. Natural History Museum.