Saltar ao contido

Paul Arizin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Arizin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1928 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Springfield, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFiladelfia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFiladelfia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Villanova (pt) Traducir
La Salle College High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Camden Bullets
Philadelphia Warriors
1947–1950 Villanova Wildcats men's basketball
1950–1962 Golden State Warriors (Ala)
Premios

WikiTree: Arazin-1 Find a Grave: 17012530 Editar o valor en Wikidata

Paul Joseph Arizin, nado o 9 de abril de 1928 en Filadelfia (Pensilvania) e finado o 12 de decembro de 2006 en Springfield (Pensilvania), foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que pasou a súa carreira enteira na National Basketball Association nos Philadelphia Warriors.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras ser seleccionado polos Warriors coa súa primeira elección do Draft da NBA de 1950, Arizin acadou 17.2 puntos por partido na súa tempada coma rookie e foi nomeado Rookie do Ano da NBA, unha designación que aínda non fora aprobada pola NBA na tempada 1950-51. Foi o máximo anotador da liga nas tempadas 1951-52 e 1956-57, e se converteu nun dos mellores xogadores da liga nos anos 50. Non xogou nas tempadas 1952-53 e 1953-54 debido ó servizo militar na mariña estadounidense durante a guerra de Corea.[1]

Liderou aos Warriors para conseguir o campionato na tempada 1955-56, onde formou unha gran parella con Neil Johnston. Xogou tamén co grande anotador Joe Fulks a comezos da súa carreira, e coas lendas de Philadelphia Tom Gola e Wilt Chamberlain cara ao final da súa carreira a comezos dos anos 60. Arizin preferiu retirarse da NBA antes que trasladarse cos Warriors a San Francisco.

Tras deixar a NBA, Arizin xogou tres tempadas na Eastern Professional Basketball League cos Camden Bullets, onde gañou o título en 1964.

Arizin xogou o NBA All-Star Game en 10 ocasións, e foi o MVP do partido de 1952. Foi elixido no primeiro equipo All-NBA en 1952, 1956 e 1957. Foi incluído no Basketball Hall of Fame en 1978.[2] Finou á idade de 78 anos o 12 de decembro de 2006, en Springfield, Pensilvania.

  1. "Paul Arizin Bio". NBA.com. Consultado o 2007-06-15. 
  2. "Hall of Famers". Basketball Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 2009-08-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]