Patty Schemel
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1967 (57 anos) Marysville, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | música, compositora de cancións |
Período de actividade | 1987 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | DGC Records |
Patricia Theresa Schemel, nada en Marysville (Estado de Washington) o 24 de abril de 1967, é unha música estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tocou a batería no álbum Live Through This da banda Hole. En Celebrity Skin, o derradeiro disco de Hole, traballou na creación do mesmo xunto con Courtney Love, Eric Erlandson e Melissa Auf der Maur, pero foi substituída por un músico de sesión para a gravación e por Samantha Maloney para a xira posterior, aínda que, inexplicablemente, Courtney Love elixiu usar o nome e a foto de Pattty no álbum.
Patty tamén tocou no primeiro álbum en solitario de Courtney Love, America's Sweetheart, onde aparece como compositora parcial dalgúns temas. Tamén gravou con Phranc, tocando a batería no seu EP Goofyfoot, e coa banda de Juliette Lewis, Juliette and the Licks, no seu EP de debut ...Like a Bolt of Lightning, e antes de deixar a banda tamén gravou no álbum You're Speaking My Language. Estivo de xira como batería da banda dos Ánxeles Imperial Teen, liderada polo amigo de Courtney Roddy Bottom, antigo membro de Faith No More.