Saltar ao contido

Parque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque nacional das Illas Atlánticas.
Parque de Rosalía de Castro, na cidade de Lugo.

Un parque é ou ben unha área natural, semi-natural ou unha plantación que se emprega para lecer e xogo de persoas ou ben unha área de protección da vida salvaxe ou hábitats[1][2].

Os parques como os parques urbanos ou xardíns urbanos son espazos verdes para o lecer e que se atopan dentro de cidades, urbanizacións ou outros puntos de interese similares.

Outros parques destínanse á protección de grandes áreas naturais conservadas ou con certo interese de conservacións. Tanto poden ser espazos de gran tamaño, onde abundan especies ou ecosistemas de interese de conservación ou protección, como pequenas áreas cun interese paisaxístico, xeolóxico ou de conservación biolóxica. Algunhas destes parques puideron ser declarado polos estados como áreas e interese e protexidas, ben sexan terreos públicos ou privados.[1][2]

Exemplos de parque ou xardíns urbanos galego son a Alameda de Santiago de Compostela o lucense Parque de Rosalía de Castro, e o dun parque nacional galego declarado como lugar protexido é o das Illas Atlánticas.

  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03. 
  2. 2,0 2,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]