Pakicetus
Pakicetus Rango fósil: eoceno temperán, hai 52–48 Ma | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución de Pakicetus inachus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especiess | |||||||||||||||||
|
Pakicetus é un xénero extinguido de cetáceos anfibios da suborde dos arqueocetos, o tipo da familia dos paquicétidos (Pakicetidae). As súas especies eran endémicas do actual Paquistán durante o Eoceno.[1]
Os estratos onde se atoparon os fósiles formaban parte da costa do antigo mar Tetis.
A gran maioría dos paleontólogos considérano como o cetáceo basal.
A especie tipo do xénero é Pakicetus inachus.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descito en 1981 polos paleontólogos da universidade de Míchigan (Estados Unidos de América) Philip D. Gingerich e Donald E. Russell.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Pakicetus ten unha etimoloxía híbrida, xa que está formado polos elementos do latín científico Paki-, tirado do topónimo inglés Pakistan (Paquistán), e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]No xénero recoñécense na actualidade as seguintes especies:
Xénero Pakicetus
- † Pakicetus attocki (West, 1980)
- † Pakicetus calcis Cooper et al., 2009
- † Pakictus chittas Cooper et al., 2009
- † Pakicetus inachus Gingerich & Russell, 1981 (Especie tipo)
Características
[editar | editar a fonte]En base ao tamaño do cranio de varios espécimes e, en menor medida, de esqueletos compostos, pénsase que as especies de Pakicetus medían de 1 a 2 m de lonxitude.[3]
As especies de Pakicetus eran moi diferentes aos cetáceos modernos e a forma do seu corpo máis ben se asemellana asemejaron a mamíferos terrestres. A diferenza dos cetáceos actuais, tiñan catro longas patas completamente funcionais, rematadas en pezuños, fociños longos cunha dentición completa, con dentes que incluían incisivos, caninos, premolares e molares. O seu pescozo era longo e flexíbel, e a súa cola moi longa e robusta. Como na maioría dos mamíferos terrestres, o nariz encontrábase na punta do fociño. É dicir, tiñan a aparencia de cans, pero con cascos.
Debido á súa falta de aletas, o animal nadaba de xeito moi torpe, e probabelmente era unha presa fácil para os crocodilos e tiburóns daquela época.
As reconstrucións de paquicétidos que se fixeron cando se descubriron os seus esqueletos a miúdo represéntanos coa pel cuberta de pelo; porén, dada a súa estreita relación filoxenética cos hipopótamos, o máis probábel é que tiveran escasa peluxe corporal.[3]
Os primeiros fósiles encontrados foton un cranio incompleto e unha mandíbula rota con algúns dentes. Baseándose no detalle dos dentes, as moas suxiren que o animal podería esgazar carne. Os desgastes aperciados nos molares suxiren que Pakicetus trituraban cos seus dentes cando mastigaban a súa comida. Debido á aperencia dos seus dentes crese que os Pakicetus comían peixes e outros pequenos animais. A aparencia dos dentes tamén suxire que os Pakicetus tiñan antepasados herbívoros e omnívoros.
Esqueletos encontrados en 2001 revelaron que Pakicetus foi un animal terrestre do tamaño aproximado ao dun lobo.[4]
Paleobioloxía
[editar | editar a fonte]O xénero Pakicetus foi descrito orixinalmente como un mesonoquio, pero investigacións posteriores fixeron que se reclasificara como un cetáceo temperán debido a características do oído interno que só se dan nos cetáceos: a estrutura da bula auditiva, que está feita exclusivamente a partir do óso ectotimpánico, que é moi pouco común e só se asemella aos cranios dos cetáceos actuais; esta é unha característica dos cetáceos e non se atopou en ningún outro grupo de mamíferos. Daquela se cría que eran descendentes dos mesonóquidos, segundo Gingerich e Russell.[2]
Porén, a redescrición dos Indohyus, artiodáctilos primitivos, semiacuáticos, e o descubrimento do seu oído interno semellante ao dos de cetáceos, ao mesmo tempo que puxeron fin á idea de que os cetáceos eran descendentes dos mesoníquidos, e demostraron que os Pakicetus e todos os outros cetáceos, eran artiodáctilos. Así, Pakicetus representa un taxon de transición entre mamíferos terrestres extinguidos e cetáceos modernos.
Pakicetus sería o antepasado terrestre de Ambulocetus, el mesmo antepasado de Basilosaurus, que conservaría un recordo das súas patas. Este último sería o antepasado dos cetáceos actuais.
Aparentemente, Pakicetus, que sufriría algunha especie de crise debido á falta de alimentos en terra, comezaría a alimentarse de peixes mortos na beira do mar e, despois en augas superficiais.[5]
Debido á carencia de aletas, estes animais nadaban de forma moi torpe, e probabelmente eran presas fáciles para os crocodilos e tiburóns da época. Unha hipótese razonábel indica que Pakicetus, pola súa lentitude, non perseguía ás súas presas, senón que se escondía na auga esperando a que estas chegaran canda eles.[6]
Posíbel natureza semi-acuática
[editar | editar a fonte]Pakicetus apareceu ilustrando a portada da revista Science como un animal semiacuático, vagamente semellante a uin crocodilo, comendo peixes.[7]
Algúns restos de esqueletos e máis completos restos óseos foron descubertos en 2001, o que levou á idea de que Pakicetus foi un animal terrestre do tamaño dun lobo, e moi semellantes na forma aos mesonóquidos.
Thewissen et al. 2001 escribiron que:
"os paquicétidos eran mamíferos terrestres, non máis anfibios que un tapir".
Con todo, argumentaron que:[8]
"as órbitas destes cetáceos se encontraban moi xuntas na parte superior do cranio, como é habitual nos animais acuáticos que ven na auga obxectos emerxidos. Ao igual que en Indohyus, os ósos das extremidades dos paquicétidos son osteoescleróticos, tamén concordantes cun hábitat acuático (xa que os ósos pesados proporcionan lastre)"
Esta peculiaridade podería indicar que os Pakicetus poderían estar parados na auga, case totalmente somerxidos, sen perderen contacto visual co aire.[9]
Distribución dos fósiles
[editar | editar a fonte]Os primeiros fósiles foron descubertos en Paquistán, de aí o seu nome. Encontráronse na formación de Kuldana situada no norte de Paquistán, datados desde o ypresiano temperán ao luteciano temperán-medio no eoceno.[10][11] Os fósiles apareceron en sedimentos vermellos terríxenos delimitados en gran parte por depósitos mariños superficiaos típicos de ambientes costeiros orixinados polo mar Tetis.[12] Especúlase que moitos grandes bancos mariños floreceron coa presenza deste cetáceo antigo. Segundo a localización dos achados fósiles, que prefiren un hábitat superficial que delimita a terra descendente, abundantes en dolomita, rochas cacarias, lutitas e outras clases de arenitos de variadas cores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pakicetus en Paleobiology Database.
- ↑ 2,0 2,1 Gingerich & Russell (1981).
- ↑ 3,0 3,1 "Pakicetus spp.". NYIT. Consultado o 03-08-2016.
- ↑ J. G. M. Thewissen, E. M. Williams, L. J. Roe & S. T. Hussain (2001). "Skeletons of terrestrial cetaceans and the relationship of whales to artiodactyls". Nature 413: 277–281. Resumo
- ↑ Sutera, R. 2001. The Origin of Whales and the Power of Independent Evidence. Reports of the National Center for Science Education
- ↑ "Flank, L. 1995. Ambulocetus como fósil transicional". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2001. Consultado o 10 de abril de 2001.
- ↑ Gingerich et al. 1983, Cover
- ↑ Thewissen et al. 2009, p. 277
- ↑ de Muizon 2009
- ↑ Gingerich & Russell 1981, p. 239
- ↑ Cooper, Thewissen & Hussain 2009, p. 1291
- ↑ Gingerich 2003, p. 645
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pakicetus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pakicetus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muizon, Christian de (2009): "L’origine et l’histoire évolutive des Cétacés", Comptes Rendus Palevol. 8 (2): 295-309. Resumo.
- Gingerich, P. D. & D. E. Russell (1981): "Pakicetus inachus, a new archaeocete (Mammalia, Cetacea) from the early-middle Eocene Kuldana Formation of Kohat (Pakistan)". Univ. Mich. Contr. Mus. Paleont. 25: 235-246. Ver en PDF.
- Thewissen, J. G. M.; Williams, E. M.; Roe, L. J. & S. T. Hussain (2001): "Skeletons of terrestrial cetaceans and the relationship of whales to artiodactyls". Nature 413: 277-281. Resumo.
- Cooper, L. N.; Thewissend, J. G. M. & S. T. Hussain (2009): "New middle Eocene archaeocetes (Cetacea: Mammalia) from the Kuldana Formation of northern Pakistan". Journal of Vertebrate Paleontology 29 (4): 1289-1299. Resumo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- †Pakicetus Gingerich and Russell 1981 Arquivado 28 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- †Pakicetus inachus Gingerich and Russell 1981 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Pakicetus Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na Encyclopaedia Britannica en liña.