Saltar ao contido

Ole Gunnar Solskjær

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOle Gunnar Solskjær

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Kristiansund, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1990–1995 Clausenengen FK 109(115)
1995–1996 Molde FK 38(31)
1996–2007   Manchester United FC 235(91)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1995   Noruega sub-21 19(9)
1995–2007   Noruega 67(23)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2010 Manchester United F.C. Reserves and Academy (en) Traducir
2011–2013 Molde FK
2014–2014 Cardiff City F.C.
2015–2018 Molde FK
2018–2021   Manchester United FC Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosNoah Solskjær, Karna Solskjær, Elijah Solskjær Editar o valor en Wikidata
PaiØyvind Solskjær Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1403539 Twitter: olegs26_ole FIFA: 157001 UEFA: 26158 Editar o valor en Wikidata

Ole Gunnar Solskjær, nado o 26 de febreiro de 1973 en Kristiansund, é un ex-futbolista e adestrador noruegués, que xogou como dianteiro no Manchester United e na selección de Noruega, coa que marcou vinte e tres goles nas súas sesenta e sete participacións entre 1995 e 2007.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Converteuse en xogador profesional no seu país, no Clausenengen FK, primeiro como centrocampista e logo xa como dianteiro. En 1994 fichou polo Molde FK no que xogou dúas tempadas, marcando 31 goles en 42 partidos. E logo pasou ao Manchester United, onde foi o protagonista da vitoria do Manchester contra o FC Bayern München na final da Liga de Campións da UEFA de 1999. Outro dos seus encontros máis salientables foi contra o Nottingham Forest na tempada 1998-1999 ao marcar catro goles en doce minutos.

O 28 de agosto de 2007 anunciou a súa retirada da competición pero permaneceu no club como preparador de ataque. Posteriormente Ole Gunnar Solkjær foi adestrador do Molde FK, entre 2010 e 2014, logo de adestrar aos reservas do Manchester United de 2008 a 2010. O 31 de outubro de 2011 o Molde FK converteuse en campión de Noruega por primeira vez na súa historia, despois de acadar sete veces o segundo lugar. Repetiu o ano seguinte ao lograr un novo campionato para o Molde malia a forte oposición do Rosenborg BK.

En xaneiro de 2014, converteuse en adestrador do equipo galés do Cardiff City F.C. da Premier League, substituíndo a Malky Mackay[1]. No mercado de inverno fíxose con varios xogadores noruegueses que estiveran baixo as súas ordes no Molde FK: Magnus Eikrem[2], Mats Møller Dæhli[3] e Jo Inge Berget[4]. Despois de nove meses renunciou o 18 de setembro de 2014, sinalando unha "diferenza de filosofía sobre o xeito de dirixir o club" co presidente do equipo[5].

O 21 de outubro de 2015 converteuse outra volta no adestrador do Molde FK, firmando por tres anos e medio[6].

  1. (en) « City Announce Solskjær as manager » Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Cardiffcityfc.co.uk,‎ 2 de xaneiro de 2014.
  2. (en) « CITY SIGN MAGNUS WOLFF EIKREM » Arquivado 26 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., Cardiffcityfc.co.uk,‎ 8 de xaneiro de 2014.
  3. (en) « Solskjaer swoops for second Norwegian Daehli » Arquivado 26 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Premierleague.com,‎ 11 de xaneiro de 2014.
  4. (en) « Berget completes Cardiff City move » Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Premierleague.com,‎ 24 de xaneiro de 2014.
  5. « Solskjær démissionne de Cardiff City » Arquivado 22 de setembro de 2014 en Wayback Machine., sur SoFoot.com
  6. « Ole-Gunnar Solskjaer fait son retour sur le banc de Molde », sur lequipe.fr,‎ 21 de outubro de 2015.