Nova Zembla,[1]Nova Terra[2][3] ou Nova Cembla[4] (en ruso: Но́вая Земля́, Terra Nova), é un arquipélago ártico ruso localizado entre o Mar de Barents a oeste e o Mar de Kara a leste. Situado próximo do continente, o territorio máis próximo é a illa de Vaygatch, a suroeste, da cal está separado polo estreito Karskiye Vorota, ou estreito de Kara. Esta illa, á súa vez, está separada do continente por un estreito de preto de 10 km de largura.
A Nova Zembla componse de dúas grandes illas (Illa Severny ao norte e Illa Yuzhny ao sur), separadas por un estreito canal, o Matotchkin Shar, e dun número considerable de illas adxacentes. Aínda que xeoloxicamente constitúa o prolongamento cara ao norte dos Montes Urais, o arquipélago inclúese en Europa.
↑Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0: Páxinas 33, 35, 182, 183 e 206: Illa de Nova Zembla. Páxina 186: Nova Zembla.
↑Enciclopedia Galega Universal, t. 12: Páxina 453: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 450: Nova Terra [ruso: Novaja Zeml'a] ou Nova Zembla Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia...
↑Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 45: Páxina 51: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 48: Nova Terra ou Nova Zembla [ruso: Novaja Zeml'a] Arquipélago do océano Ártico, que forma parte da oblast' de Arkhangel'sk, en Rusia (830.001.339 km²)...