Noise Project
Noise Project | |
---|---|
Noise Project no Festival Mundo Vermello celebrado en Vilagarcía de Arousa | |
Orixe | Valga, Pontevedra, Galiza |
Período | 2005 - actualidade |
Xénero(s) | post-rock, noise rock, shoegazing |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa Plataforma |
Membros | Raúl, Víctor, Óscar, Javi, Ernst, Álvaro |
Antigos membros | Alexandre |
Na rede | |
myspace.com/noiseproject | |
Noise Project, grupo galego formado na vila de Valga (Pontevedra), que practica un estilo de música a medio camiño entre o post-rock e o noise rock, cunha actitude marcadamente experimental.
O grupo dá os seus primeiros concertos en pubs de Valga a mediados do ano 2005, nese momento como un cuarteto formado por Raúl (guitarra e voz), Alexandre (guitarra e voz), Víctor (batería) e Óscar (baixo e voz). Entre finais de 2005 e mediados de 2006 únenselle Javi (guitarra) e Ernst (laptop, efectos e arranxos), configurando a primeira formación estábel do grupo e aportando parte do seu son característico.
No ano 2007 lanzan o seu primeiro traballo, Teleclube, no netlabel A Regueifa Plataforma. O título remite á prehistoria do grupo, cando Alexandre e Raúl quedaban para tocar no Teleclube de Cordeiro (Valga). O carácter experimental, unido a ironía empregada nalgúns temas levou a que fosen comparados coa actitude de grupos galegos como Os Resentidos e N.H.U.. O traballo tamén incluía a canción "Rapaciña", unha versión de Andrés do Barro que máis tarde sería incluída no recompilatorio Manifesto Dobarrista.
No mesmo 2007, Alexandre ten que abandonar o grupo por motivos laborais. A finais dese mesmo ano entra Álvaro (guitarra, baixo e voz), volvendo o grupo á formación de sexteto.
No ano 2008 o grupo queda segundo no concurso GZcrea, polas cancións "II" e "A pedra de afiar".
Os formantes de Noise Project, como membros da asociación Os Penoucos, promoveron tamén a creación do Festival Artenativa, en Valga, que celebrou a súa primeira edición en agosto de 2007.
No ano 2010 a banda editou o seu segundo traballo Asuntos que se resolven co tempo.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Teleclube - 2007 (A Regueifa Plataforma) Primeiro traballo.
- Manifesto Dobarrista (A Regueifa Plataforma, Falcatruada, Lonxa cultural, 2007): co tema "Rapaciña"
- Asuntos que se resolven co tempo - 2010 (A Regueifa Discos) Segundo traballo.