Saltar ao contido

Nimbostrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nimbostratus»)

Os nimbostratos[1] (en nomenclatura abreviada, Ns) son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por se presentaren como unha capa de nubes gris, a miúdo escura, cun aspecto velado pola precipitación de chuvia ou neve que cae de xeito máis ou menos continuado dela. O seu espesor é grande dabondo como para ocultar o Sol completamente.

Características

[editar | editar a fonte]

Son nubes medias que se forman entre 3 e 7 quilómetros de altitude. Asociados ás frontes cálidas, dan lugar a choivas ou nevaradas continuas de intensidade feble ou moderada.

Non ten.

Variedades

[editar | editar a fonte]

Non ten.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nimbostrato.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]