New Order
New Order | |
---|---|
Orixe | Salford, Greater Manchester, Inglaterra |
Período | 1980 - 1993 1998 - 2007 2011 - presente |
Xénero(s) | synthpop, dance alternativo, post-punk, new wave, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Factory, London, Qwest, Warner Bros., Reprise |
Membros | Bernard Sumner Stephen Morris Gillian Gilbert Phil Cunningham Tom Chapman |
Antigos membros | Peter Hook |
Artistas relacionados | Joy Division, Electronic, Revenge, The Other Two, Monaco, Bad Lieutenant, Peter Hook and The Light, Freebass |
Na rede | |
http://www.neworder.com/ | |
New Order é unha banda inglesa formada en 1980 por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, Joy Division, despois do suicidio do vocalista Ian Curtis. Posteriormente uníuselles a teclista Gillian Gilbert.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]New Order combinou post-punk e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de Joy Division, a súa inmersión na escena de clubs de Nova York a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de 1983 "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influente nas escenas do rock alternativo e da música dance.
New Order estivo en hiato entre 1993 e 1998, tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuniuse en 1998 e no 2001 editaron Get Ready, o seu primeiro álbum en oito anos. No 2005 Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) substituíu a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.
No ano 2007 Peter Hook deixou a banda e afirmou que el e Sumner non tiñan máis plans para traballar xuntos. Sumner revelou no 2009 que xa non desexaba facer máis música como New Order. Sumner e Cunningham agora traballan xuntos na banda Bad Lieutenant. Hook editou música con Freebass, unha banda inglesa con tres baixistas, Hook, Andy Rourke (antigamente en The Smiths) e Gary "Mani" Mounfield (antigamente en The Stone Roses e na actualidade en Primal Scream) co cantante Gary Briggs (antigamente de Haven). A banda reuniuse en 2011 sen Hook, regresando Gilbert e con Tom Chapman ocupando o lugar do baixo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Movement | 1981 | Factory Records |
Power, Corruption & Lies | 1983 | Factory Records |
Low-Life | 1985 | Factory Records, Qwest Records |
Brotherhood | 1986 | Factory Records |
Technique | 1989 | Factory Records |
Republic | 1993 | London Records |
Get Ready | 2001 | London Records |
Waiting for the Sirens' Call | 2005 | London Records |
Lost Sirens | 2013 | Rhino Records |
Music Complete | 2015 | Mute Records |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Substance 1987 - 1987 (Factory, Qwest)
- The John Peel Sessions - 1990 (Strange Fruit)
- (the best of) New Order - 1994 (London, Qwest)
- (the rest of) New Order - 1995 (London, Qwest)
- Before & After – The BBC Sessions - 2002 (Fuel 2000)
- International - 2002 (London)
- Retro - 2002 (London)
- In Session - 2004 (Strange Fruit)
- Best Remixes - 2005 (Warner Bros.)
- Singles - 2005 (Warner Bros.)
- iTunes Originals – New Order - 2007 (London)
- Total: From Joy Division to New Order - 2011 (WEA UK, Rhino)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: New Order |