Saltar ao contido

Número de identificación persoal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un número de identificación persoal ou PIN (en inglés, Personal identification number) é un tipo de contrasinal consistente nun código numérico usado en certos sistemas para obter acceso a algo, ou identificarse.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Por cuestións de seguridade, o número PIN é persoal e intransferíbel. O PIN é maiormente utilizado nos caixeiros automáticos e nos cartóns de prepago telefónicos. Hai algúns anos as tradicionais tarxetas de crédito nas que se requiría asinar foron substituídas por un tarxetas cun chip provisto dun número PIN. Neste caso o cliente debe dixitalizar o seu PIN no momento de facer a compra.

Os PINs máis comúns son un código de 4 díxitos, do rango 0000 ao 9999, xaora hai 10.000 números posíbeis, polo que un hacker se ve obrigado a probar sorte con máis de 5000 combinacións distintas antes de atopar o PIN correcto. Os PINs telefónicos habitualmente teñen 12 díxitos.

No 2002 dous estudantes da Universidade de Cambridge, Piotr Zielinski e Mike Bond, descubriron unha falla de seguridade no sistema de xeración de PINs do IBM 3624. Sabendo como atacar a táboa de decimais no computador dun banco, podían descubrir o código PIN dos caixeiros automáticos en só 15 intentos[1][2].

Nota lingüística

[editar | editar a fonte]

En inglés contrasinal dise password, é dicir, "palabra de paso". Un número non pode ser considerado unha palabra e polo tanto inventouse a sigla Personal Identification Number. En galego pódense empregar os palabras contrasinal ou clave. Cando o número non é inventado polo usuario pódese referir como código secreto.

  1. Zieliński, P & Bond, M (Febreiro de 2003). University of Cambridge Computer Laboratory, ed. "Decimalisation table attacks for PIN cracking" (PDF). Consultado o 24-11-2006. 
  2. "Media coverage". University of Cambridge Computer Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 2006-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]