Monospermo
En botánica, o adxectivo monospermo, feminino monosperma, refírese especificamente a que un froito ou froita dunha planta espermatófita (fanerógama), tanto anxiosperma como ximnosperma, só contén unha soa semente dentro da súa estrutura,[1] sen ter en conta a súa denominación taxonómica ou a forma. Por exemplo, un legume monospermo, unha drupa monosperma.
Este neoloxismo cuñouse a finais do século XVIII, e aparece documentado po primeira vez en 1798 en francés.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este termo está formado pola unión dos elementos mono- e -spermo, -a, tirados do grego antigo μóνος mónos, "só", "único", e σπερμά spermá, "semente".[1][3]
Monospermia
[editar | editar a fonte]Relacionado con este termo está o substantivo monospermia, co que se denomina:
- a calquera fenómeno relativo ás plantas ou aos froitos monospermos, e
- a fecundación dun óvulo mediante un só espermatozoide, o que constitúe a regra.[1]
O seu antónimo é polispermia que entrou na linguaxe científica moito antes que monospermo, xa que aparece en inglés a finais do século XVII (monosperm non entrou no inglés até 1879).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Font Quer 1993, p. 733.
- ↑ monospermo en dicciomed.
- ↑ monosperm no Merriam-Webster Dictionary
- ↑ monospermo en etimologías.dechile.net.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo II. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- monospermo en definiciona.com,
- monospermo en etimologías.dechile.net.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |