Miguel II
Nome orixinal | (el) Μιχαήλ Β' ο Τραυλός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 770 Amorium, Turquía (pt) |
Morte | 2 de outubro de 829 (58/59 anos) Constantinopla, Turquía |
Emperador bizantino | |
25 de decembro de 820 – 2 de outubro de 829 ← León V o Armenio – Teófilo → | |
Protostrator (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | líder militar |
Período de tempo | Idade Media |
Familia | |
Familia | Dinastia amoriana (pt) |
Cónxuxe | Tecla Eufrósine |
Fillos | Teófilo () Tecla |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Miguel II, chamado Psello, "O tatexo" ou "O Amoriano", nado no ano 770 e finado no 829, reinou como emperador bizantino de 820 a 829.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Amorio en Frixia, comezou a súa carreira como soldado, pero grazas ao seu talento chegou a ascender ata o xeneralato.
Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como León V o Armenio (813), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastía amoriana.
O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono (822-824); a conquista de Creta polos árabes en 823, e o comezo dos ataques musulmáns contra Sicilia (827).
Malia as súas simpatías iconoclastas, logrou conciliarse cos iconódulos (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con Eufrosine, filla de Constantino VI, que fora ordenada monxa anteriormente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel II |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León V o Armenio |
Miguel II | Precede a: Teófilo |
Dinastía Amoriana |