Saltar ao contido

Micelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Micelio fúnxico visto nunha calicata.

O micelio é o conxunto de filamentos (hifas) moi ramificados, de estrutura e composición variábel, que constitúe o aparello ou corpo vexetativo dos fungos[1]. Dependendo do seu crecemento clasifícanse en reprodutores (aéreos) ou vexetativos. Os micelios reprodutores medran cara a superficie externa do medio e son os encarregados de formar os orgánulos reprodutores (endosporios) para a formación de novos micelios. Os micelios vexetativos encarréganse da absorción de nutrientes, medran cara a abaixo, para cumprir a súa función.

Os corpos vexetativos da maioría dos fungos (e, polo tanto, o dos liques) están constituídos por filamentos unicelulares denominados hifas. As hifas medran tan só apicalmente no ápice. As hifas poden medrar con moita rapidez, até máis de 1 mm por hora. Por este motivo e polas frecuentes ramificacións xorde no substrato unha maraña ou embrollo de hifas cunha enorme superficie: o micelio.

Como as hifas non están cutinizadas, o micelio é moi sensíbel ao desecamento, mais, por outra banda, están moi capacitadas para absorber osmotroficamente as substancias disoltas. Este feito aprovéitano moitas plantas superiores formando simbiose cos fungos.

As hifas dos fungos inferiores non son septadas (non presentan divisións), organización sifonal.

As hifas dos fungos superiores presentan septos, divididas en cámaras e células; porén con furados, polo que tamén nestes fungos o plasma forma un continuo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micelio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]