Saltar ao contido

Mencio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMencio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 孟子 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 孟轲 Editar o valor en Wikidata
c. 372 a. C. Editar o valor en Wikidata
Zhu, Dinastía Zhou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 289 a. C. Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresZisi Editar o valor en Wikidata
AlumnosQ17012673 Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
PaisMeng Ji Editar o valor en Wikidata  e Meng Mu Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1028738

Mencio ou Mengzi, nado no estado de Zou en 372 ou en 385 a.C. e finado en 289, 303 ou 302 a.C., foi un filósofo chinés que a miúdo foi descrito como o "segundo Sabio", é dicir, só despois de Confucio.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Unha imaxe de Mencio no santuario do Templo de Mencio, Zoucheng

Mencio, tamén coñecido polo seu nome de nacemento Meng Ke (孟軻), naceu no estado de Zou, provincia de Shandong, a trinta quilómetros ao sur de Qufu, lugar de nacemento de Confucio.

Foi un filósofo chinés itinerante e erudito, un dos intérpretes principais do confucianismo. Presuntamente, era un alumno do neto de Confucio, Zisi. Como Confucio, segundo a lenda, viaxou pola China durante corenta anos para ofrecer consello aos gobernantes para facer reformas.[4] Durante o período dos estados Warring (403–221 a.C.), Mencio serviu como oficial e erudito na Academia Jixia do Estado de Qi (1046 a.C. a 221 a.C.) dende 319 a 312 a.C. Expresou a súa devoción filial cando tomou tres anos de ausencia dos seus deberes oficiais para facer loito pola súa nai. Decepcionado no seu fracaso de efectuar cambios no seu mundo contemporáneo, retirouse da vida pública.[5]

Mencio foi enterrado no cemiterio de Mencio (孟子林, Mengzi Lin, tamén coñecido como 亞聖林, Yasheng Lin), localizado 12 km ao nordés da área urbana central de Zoucheng. Unha estela levada por unha tortuga xigante de pedra e coroada con dragóns érguese diante da súa tumba.[6]

Nai de Mencio

[editar | editar a fonte]

A nai de Mencio adoita considerarse unha das grandes figuras da cultura chinesa. Un dos máis famosos chengyu é 孟母三遷 (literalmente: "nai de Mencio, tres movementos"); este refrán refírese á lenda de que a nai de Mencio se mudou tres veces antes de atopar unha localización que sentiu axeitada para o crecemento do seu fillo. Como expresión, o modismo refírese á importancia de atopar o ambiente adecuado para criar os nenos.

O pai de Mencio morreu cando este era moi novo. A súa nai Zhǎng (仉) criou soa o seu fillo. Eran moi pobres e ao principio viviron nun cemiterio, onde a nai atopou o seu fillo imitando as choronas de pago dos cortexos fúnebres. Entón, a nai decidiu mudarse. A seguinte casa estaba preto dun mercado na cidade. Alí o mozo comezou a imitar os berros dos mercadores, que eran desprezados na China da época, así que se mudaron a unha casa próxima a unha escola. Inspirado polos eruditos e os estudantes, Mencio comezou a estudar. A súa nai decidiu ficar, e Mencio converteuse nun erudito.

Outra historia ilustra a énfase que a nai de Mencio fixo na educación do seu fillo. Disque cando Mencio era novo, lataba da escola. A súa nai respondeu ao seu aparente desinterese cara á súa educación collendo un par de tesoiras e cortando diante del a tea que estaba a tecer. Fixo isto para ilustrar que un non pode deixar unha tarefa á metade, e o seu exemplo inspirou a Mencio a ser dilixente nos seus estudos.

Cóntase outra lenda sobre a súa nai e a súa esposa, nun momento en que esta última estaba na casa soa e foi descuberta por Mencio sen estar sentada correctamente. Mencio pensou que a súa dona violara un rito e pediu o divorcio. A súa nai afirmou que no Libro de Ritos estaba escrito que antes de que unha persoa entrase nun cuarto, tiña que anunciar a súa presenza inminente ruidosamente para que os demais se preparasen para a súa chegada; ao non facer isto, a persoa que violara o rito fora o propio Mencio, que finalmente admitiu a súa culpa.

É unha de 125 mulleres das que se incluíu a biografía en Lienü zhuan ("Biografías de Mulleres Exemplares"), escrito por Liu Xiang.

Descendentes

[editar | editar a fonte]

O fillo do duque Huan de Lu por Qingfu (慶父) era un antergo de Mencio. Descendía do duque Yang do Estado de Lu (魯煬公). O duque Yang era o fillo de Bo Qin, quen era o fillo do duque de Zhou da familia real da dinastía Zhou. A xenealoxía atópase na árbore familiar de Mencio (孟子世家大宗世系).[7][8][9]

Os descendentes de Mencio viviron en Zoucheng na súa mansión familiar, onde se construíu o templo de Mencio e tamén un cemiterio para os seus descendentes.

Meng Haoran e Meng Jiao eran descendentes de Mencio que viviron durante a dinastía Tang.

Durante a dinastía Ming, un dos descendentes de Menciu recibiu un título hereditario na academia Hanlin por parte do emperador. O título era Wujing Boshi (五經博士; Wǔjīng Bóshì).[10][11][12]

Un dos descendentes directos de Mencio foi o doutor Meng Chih (anglicizado como Dr. Paul Chih Meng), antigo director da Casa da China e director do Instituto da China en 1944, que faleceu en Arizona en 1990 aos 90 anos.[13] Outro dos descendentes mudouse a Corea a fundou o clan Sinchang Maeng.

Filosofía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Mengzi.

Na súa obra, coñecida como Mengzi, defende que o home é bo por natureza e debe poder desenvolver unha conduta razoable e recta. Segundo el, no corazón de todo ser humano hai catro sentimentos naturais ou tendencias que o orientan cara ao bo camiño:

  1. O sentimento de compaixón
  2. O sentimento de vergoña
  3. O sentimento de respecto e modestia
  4. O sentimento do que está ben e mal

Eses sentimentos son unha especie de raíces que, cultivadas, desenvolven as virtudes da benevolencia, a rectitude, a urbanidade e a sabedoría. Mencio intentou influír nos gobernantes do seu tempo para que creasen as condicións máis favorables para o desenvolvemento das persoas. Nos seus escritos deixou dito que o gobernante sabio é aquel que se preocupa polo benestar do seu pobo:

O soberano intelixente organiza a produción do seus súbditos de xeio que poidan soster o seu pai e a súa nai, os seus fillos e esposas, que nos anos bos poidan comer ao seu gusto, e nos malos non morrer de fame. Unha vez acadado isto, dirixiraos cara á práctica do ben e o pobo seguirao.
Mengzi, I A 7

Pensamento político

[editar | editar a fonte]

Mencio destacaba a importancia dos cidadáns comúns dentro do Estado. Mentres o confucianismo adoitaba ter unha alta estima polos gobernantes, el argumentaba que é aceptable que os súbditos depoñan ou mesmo asasinen o gobernante que ignora as necesidades da xente e goberna con dureza, pois un gobernante que non goberna con xustiza non é xa un verdadeiro gobernante. Tamén dixo, durante o período das primaveras e outonos, que non existe guerra xusta.

Sistema de "comunismo agrario primitivo"

[editar | editar a fonte]

Seguindo a liña do utopismo social que aparece nun dos Cinco Clásicos do confucianismo, o Libro dos Ritos, onde se fala da perdida idade de ouro da Grande Unidade (datong), Mencio propón un utópico sistema de "comunismo agrario primitivo", cunha influencia que chegou ata o século XX, especialmente entre os marxistas, que o interpretaron como unha versión do "comunismo primitivo". Denomínao jingtian o "campo en forma de pozo", en referencia ao carácter chinés 井 "pozo" que delimita nove seccións, xa que se baea na división dos campos en nove partes, das que as oito da periferia serían distribuídas entre as familias, mentres que a novena, situada no centro, sería cultivada de forma comunitaria en beneficio do príncipe.[14]

Os que cultiven o mesmo jing estarán sempre xuntos, aló onde vaian; compartirán as tarefas de defensa e as gardas nocturnas. Nas doenzas socorreranse mutuamente. Así, todos os habitantes amaranse e vivirán en harmonía.

Influencia

[editar | editar a fonte]

A interpretación que Mencio deu ao confucianismo foi xeralmente considerada como a versión ortodoxa polos subseguintes filósofos confucianos, especialmente os neoconfucianos da Dinastía Song. O Mengzi, un libro das súas conversas cos reis da época, é un dos Catro Libros que Zhu Xi agrupou como os fundamentais do pensamento neoconfuciano. En contraste coas frases de Confucio que eran breves, o Mengzi consiste en diálogos longos, incluíndo argumentos, con prosa extensa.

  1. "Mencius". Random House Webster's Unabridged Dictionary.
  2. Mei, Yi Pao (1985). "Mencius," The New Encyclopædia Britannica, v. 8, p. 3.
  3. Shun, Kwong Loi. "Mencius". The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 18 de novembro de 2017. 
  4. Chan 1963: 49.
  5. Jaroslav Průšek e Zbigniew Słupski, eds., Dictionary of Oriental Literatures: East Asia (Charles Tuttle, 1978): 115-116.
  6. 孟子林 Arquivado 05 de agosto de 2012 en Archive.is (Mencius Cemetery)
  7. 《三遷志》,(清)孟衍泰續修
  8. 《孟子世家譜》,(清)孟廣均主編,1824年
  9. 《孟子與孟氏家族》,孟祥居編,2005年
  10. Brunnert, H.S.; Hagelstrom, V.V. (15 de abril de 2013). Present Day Political Organization of China. Routledge. pp. 494–. ISBN 978-1-135-79795-9. 
  11. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 17 de abril de 2016. 
  12. "Present day political organization of China". archive.org. 
  13. "Paul Chih Meng, 90, Headed China Institute". The New York Times. 7 de febreiro de 1990. 
  14. Chesneaux, Jean (1984) [1976]. "Las tradiciones igualitarias y utópicas en Oriente". En Jacques Droz (dir.). Historia general del socialismo. De los orígenes a 1875 (en castelán). Barcelona: Destino. p. 42. ISBN 84-233-1305-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]