Louis Malle
Louis Malle, nado en Thumeries (Departamento de Norte, Francia) o 30 de outubro de 1932 e finado en Beverly Hills (California) o 23 de novembro de 1995 foi un director de cine francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de pasarse ao cine comezou os estudos de ciencias políticas. Traballou como codirector e operador de cámara de Jacques Cousteau en Le Monde du silence, que gañou a Palma de Ouro en Cannes e o Oscar ó mellor documental en 1957, ademais de traballar con outros directores coma Robert Bresson.
Debutou co suspense Ascenseur pour l'échafaud en 1957. Aínda que en ocasións é asociado coa nouvelle vague, realmente o seu traballo non corresponde coas teorías dos directores desta tendencia.
A finais dos setenta trasladouse aos Estados Unidos, onde continuou a súa carreira dirixindo filmes en inglés como Atlantic City que alternou con outros en francés como Au revoir, les enfants. Con estas dúas películas gañaría o León de Ouro en Venecia. En 1980 casou coa actriz estadounidense Candice Bergen.
Moitas das súas películas foron obxecto de polémicas polos temas que trataba, como Le souffle au cœur (1971), no que trataba o tema do incesto, Lacombe Lucien (1974), sobre o colaboracionismo nazi ou Pretty Baby (1978), no que Brooke Shields interpretaba unha prostituta de doce anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1965 con Anne-Marie Deschodt, até 1967. Da súa relación con Gila von Weitershausen tivo un fillo en 1971 (Manuel Cuotemoc Malle) e da relación con Alexandra Stewart tivo, en 1974, unha filla (Justine Malle).[1] Dende 1980 até a súa morte, estivo casado coa actriz estadounidense Candice Bergen, con quen tivo outra filla Chloé François Malle, en 1985. Morreu por mor dun linfoma o 23 de novembro de 1995 nos Ánxeles, aos 63 anos.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Primeiro período francés
[editar | editar a fonte]- 1953 : Crazeologie (curtametraxe)
- 1955 : La Fontaine de Vaucluse (curtametraxe)
- 1955 : Station 307 (curtametraxe)
- 1955 : Le Monde du silence (documental) coréalisé avec Jacques-Yves Cousteau, Palme d'or au festival de Cannes
- 1957 : Ascenseur pour l'échafaud
- 1958 : Les Amants
- 1960 : Zazie dans le métro
- 1962 : Vie privée
- 1962 : Vive le Tour ! (curtametraxe documental) coréalisé avec Jacques Ertaud
- 1963 : Le Feu follet
- 1964 : Bons baisers de Bangkok (curtametraxe documental)
- 1965 : Viva Maria !
- 1967 : Le Voleur
- 1968 : Histoires extraordinaires - segment William Wilson (medio metraxe)
- 1969 : Calcutta (documental)
- 1969 : L'Inde fantôme (serie documental para televisión)
- 1971 : Le Souffle au cœur
- 1973 : Humain, trop humain (documental)
- 1974 : Place de la République (documental)
- 1974 : Lacombe Lucien
- 1975 : Black Moon
- 1976 : Close Up (court métrage documentaire)
- 1977 : Dominique Sanda ou Le rêve éveillé (court métrage documentaire)
Período estadounidense
[editar | editar a fonte]- 1978 : La Petite
- 1980 : Atlantic City
- 1981 : My Dinner with Andre
- 1983 : Crackers
- 1985 : Alamo Bay, a badía do odio
- 1985 : God's Country (documental)
- 1986 : ...À la Poursuite du Bonheur (documental)
Segundo período francés
[editar | editar a fonte]- 1987 : Au revoir les enfants
- 1990 : Milou en mai
- 1992 : Damage
- 1994 : Vanya on 42nd Street
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Louis Malle". newwavefilm.com. Consultado o 03-07-2018.
- ↑ Severo, Richard. "Louis Malle, Film Director Equally at Home in France and America, Is Dead at 63". nytimes.com. Consultado o 03-07-201.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Louis Malle na IMDb (en inglés).