Lince común
Aparencia
Lince común Lynx lynx | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lynx lynx (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Distribución do Lynx lynx
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O lince común,[2] Lynx lynx, é unha especie de felino do xénero Lynx, o representante internacionalmente máis coñecido e o maior do seu xénero, chegando aos 135 cm de lonxitude e aos 35 kg de peso, é nativo de Europa e Asia. Habitou en Galicia, e mais no norte da Península Ibérica.[3] A existencia do lince común en Galiza data de máis de 11 000 anos e tense constancia documentada dende finais do século XVII. Os nomes tradicionais que recibía eran o de lobo cerval ou lobo rabaz.[4]
Distribución e subespecies
[editar | editar a fonte]- L. l. lynx: subespecie difundida por Escandinavia, Finlandia, Países bálticos, Polonia, Belarús, gran parte de Rusia e Siberia Occidental.
- L. l. carpathicus: Subespecie centroeuropea, orixinalmente esparexida de Gran Bretaña ao Mar Negro pero que agora está reducida a algunhas áreas montañosas de Romanía, Eslovaquia, Croacia, República Checa, Eslovenia e Suíza, con algunhas áreas en Italia, Alemaña, Austria e Ucraína. Mais tamén se reintroduciu recentemente nos Alpes franceses.
- L. l. martinoi: Península balcánica.
- L. l. dinniki: Cáucaso, Turquía e noroeste de Irán.
- L. l. isabellinus: Tíbet, montes Tian Shan e outras áreas montañosas de Asia Central.
- L. l. wardi: Rexión do Altai.
- L. l. kozlovi: Ao sueste do lago Baikal.
- L. l. wrangeli: Siberia Oriental, península de Kamchatka e zonas limítrofes de Mongolia e Manchuria. É a subespecie máis abondosa, á que pertencen máis do 80% dos linces comúns actuais.
- L. l. stroganovi: Rexión do río Amur e a illa de Sakhalin, chegando ata Corea do Norte e a península de Liaoning.
- L. l. sardiniae extinguida cara 1967, habitaba Sardeña e poida que tamén Córsega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Breitenmoser, U., Mallon, D.P., von Arx, M. & Breitenmoser-Wursten, C (2008). "Lynx lynx". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 2 de febreiro de 2008.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lince.
- ↑ Teresa Guerrero (9 de setembro de 2015). "El enigmático animal avistado hasta hace un siglo en el norte de España era el lince euroasiático". El Mundo (en castelán).
- ↑ Sarmiento recolleu xa en 1760 cinco nomes populares: lobo cerval, loberno, lubicán, lobo rabaz e tigre, denominacións que pasaron a outros vocabularios e dicionarios posteriores. Comenta que o nome de tigre "es falso, pues no hay tigres en Europa, pero se llama tigre porque tiene la piel manchada". Engade que "Los 4 nombres primeros, aunque comienzan con lobo, sólo aluden a su voracidad, no a que sea el animal del género lobo, pues sólo lo es del género gato" (Sarmiento, carta 159, de 6 de xuño de 1760). Eladio Rodríguez explica que "el nombre de lobo cerval viénele de ser su grito parecido al de los ciervos".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lince común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lince común |