Libra (constelación)
Libra | |
---|---|
Nome latino | Libra |
Abreviatura | Lib |
Xenitivo | Librae |
Simboloxía | A Balanza |
Ascensión recta | 15 h |
Declinación | −15° |
Área | 538 graos cadrados
Rango 29º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
Estrela máis brillante | Zubeneschamali (β Lib)
(magnitude ap. 2.6) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +65° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño | |
Libra ou Balanza[1] (símbolo , Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Librae (Zubenelgenubi), estrela binaria cunhas compoñentes que se atopan separadas algo menos de 4 minutos de arco.
- β Librae (Zubeneschamali), a máis brillante da constelación con magnitude 2,61 ha sido descrita frecuentemente como unha estrela verde. De tipo espectral B8V é unha estrela 130 veces máis luminosa co Sol.
- γ Librae (Zubenelakrab), xigante amarela de magnitude 3,91.
- ι Librae, denominación que engloba a dúas estrelas distintas: ι1 Librae, estrela múltiple de magnitude 4,54 a 376 anos luz, e ι2 Librae, estrela branca a 219 anos luz.
- σ Librae (Brachium ou Zubenhakrabi), xigante vermella e variable semirregular, cun brillo que varía entre magnitude 3,2 e 3,46 nun período de 20 días.
- υ Librae, xigante laranxa de magnitude 3,58.
- 23 Librae, anana amarela cun planeta extrasolar.
- Gliese 570 (HR 5568), sistema estelar triplo ó que acompaña unha distante anana marrón.
- Gliese 581 (HO Librae), anana vermella ó seu redor descubríronse tres planetas extrasolares.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 5897, cúmulo globular de magnitude 8,6 fácil de observar, con algo máis de 7 minutos de arco de diámetro. Atópase facilmente a pouco máis dun grao e medio ó sueste de ι Librae.
- NGC 5898 e NGC 5903, dúas galaxias elípticas de magnitudes 11,4 e 11,2; localízanse ó leste de Brachium (σ Librae).
- NGC 5728 galaxia espiral de magnitude 11,4 situada ó suroeste de Zubenelgenubi (α Librae).
- NGC 5885, tamén unha galaxia espiral, de magnitude 11,8 e situada a 50 minutos de arco ó suroeste de Zubeneschamali (β Librae).
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]A constelación, que orixinalmente formaba parte das pinzas de Escorpio, é a máis nova do zodíaco e a única que non representa un ser vivo. Na mitoloxía grega, esta constelación figura coma a balanza sostida por Hera, deusa do matrimonio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Libra |
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Libra (en inglés)
- Libra constellation Arquivado 26 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Star Tales – Libra (en inglés)