Saltar ao contido

América Latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Latinoamérica»)
América Latina
Localización de América Latina
Países e dependencias

América Latina[1] ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se falan as linguas romances, é dicir derivadas do latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Economía

[editar | editar a fonte]

Os países agrúpanse en diferentes bloques comerciais:

A cultura da América Latina ten coma principal característica ser a fusión de tres culturas bastante distintas entre si:

  • A cultura aborixe ou indíxena
  • A cultura europea, en catro ramas principais: a española, a portuguesa, a francesa e a inglesa.
  • A cultura africana.

Como o seu nome indica, os idiomas oficiais dos países da América Latina (español, francés e portugués) son todos linguas romances. Así e todo, dentro destes territorios existen unha multitude doutras linguas orixinarias dos países latinoamericanos. Algunhas destas outras linguas son:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Latinoamericano.