Landry Fields
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1988 (36 anos) Long Beach, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Stanford Los Alamitos High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New York Knicks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Landry Fields, nado o 27 de xuño de 1988 en Long Beach (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense actualmente axente libre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Fields xogou no baloncesto universitario para a Universidade de Stanford. Xogou 14 minutos por partido no seu primeiro ano, e foi mellorando ano a ano os seus números, ata chegar ó seu derradeiro ano coma un dos mellores xogadores na Conferencia Pac-10.
Fields rematou a súa tempada coma sénior liderando a Pac-10 en anotación e en rebotes, pese a xogar de escolta e ala. Foi incluído no primeiro mellor equipo da Pac-10. Os seus 22 puntos por partido fixéronlle situarse na 8ª posición de anotadores do país.
Profesional
[editar | editar a fonte]Fields foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2010 polos New York Knicks.[1] Tras unha grande actuación na liga de verán e na pretempada, comezou de titular no primeiro partido de liga. O 16 de novembro de 2010, Fields conseguiu os seus máximos da súa carreira con 21 puntos e 17 rebotes na derrota contra os Denver Nuggets.[2]
O 6 de febreiro de 2011, superou ese máximo ao anotar 25 puntos na vitoria contra os Philadelphia 76ers. [3]
Fields gañou o premio ao Rookie do Mes da Conferencia Leste nos meses de novembro e decembro do 2010. [4]
Grazas á súa gran tempada coma rookie, foi elixido no primeiro equipo de rookies da NBA da tempada 2010-11. Fields foi elixido para xogar co Team Shaq no Rising Stars Challenge de 2012.[5]
O 11 de xullo de 2012, Fields asinou un acordo cos Toronto Raptors, cun valor de 20 millóns de dólares en tres anos.[6] Os Knicks decidiron non igualar a oferta e Fields uniuse oficialmente ós Raptors o 14 de xullo de 2012.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 05 de maio de 2011.
- ↑ Beck, Howard (17-11-2010). "Neither Anthony Nor Knicks Are at Their Best". The New York Times (en inglés).
- ↑ "NBA game results, Feb. 7". The San Francisco Chronicle (en inglés). 7-2-2011.
- ↑ Abrams, Jonathan (3-1-2011). "Knicks' Danilo Gallinari to Miss 2-3 Weeks". The New York Times (en inglés).
- ↑ "2012 Rising Stars Challenge". NBA (en inglés). 21-1-2012. Arquivado dende o orixinal o 30-05-2012. Consultado o 18-08-2012.
- ↑ "Raptors Sign Landry Fields To Offer Sheet". NBA.com (en inglés). 11-7-2012. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2012. Consultado o 12-7-2012.
- ↑ "Raptors Sign Landry Fields". NBA.com (en inglés). 15-7-2012. Arquivado dende o orixinal o 17-07-2012. Consultado o 15-7-2012.