Lago Averno
Tipo | lago de cráter volcánico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
País da cunca | Italia | ||||
División administrativa | Campania, Italia | ||||
| |||||
Características | |||||
Profundidade | 60 m | ||||
Superficie | 0,55 km² | ||||
O lago Averno ou lago do Averno, é un lago de orixe volcánica xurdido hai 4.000 anos, situado no concello de Pozzuoli, precisamente entre a aldea de Lucrino e o xacemento arqueolóxico de Cumas, na cidade metropolitana de Nápoles, na Campania.
Está preto do campo volcánico coñecido como Campos Flegreos(Campi Flegrei), sendo o segundo en tamaño, despois do Fusaro, ten unha forma aproximadamente circular e mide 2 km de circunferencia e ten unha profundidade máxima de 6 metros.
Durante o século XIX, foi obxecto de estudo en particular polo fenómeno óptico da Fata Morgana.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Avernus derivaba do grego άορνος (sen paxaros). De feito, dise que este significado provén de que as augas do lago exhalaban uns gases determinados que non permitían vivir ás aves. Segundo a relixión grega e despois romana, era o acceso ao "inframundo", o reino do deus Plutón: por este motivo, o inframundo romano (na mitoloxía grega, Hades) tamén se chamaba Averno e non por casualidade a mitoloxía o recoñecerá como unha das portas ao inframundo, así como a morada terrestre do anxo caído Lucifer, empregándose o seu nome como sinónimo de inferno.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O porto de Agripa
[editar | editar a fonte]Antes de cumprir os 43 anos esixidos para o cargo, Marco Vipsanio Agrippa foi chamado a Roma por Octaviano para ser nomeado cónsul no 37 a.C. Octaviano sufrira unhas humillantes derrotas navais fronte Sexto Pompeio[4] e precisaba que o seu amigo e home de confianza traballase na estratexia a seguir na guerra. Mentres Sexto Pompeio controlaba as costas italianas, o obxectivo principal de Agripa foi o de atopar un porto seguro para a frota. Durante a súa campaña anterior, Agripa non atopara bases navais en Italia preto de Sicilia mais, con todo, amosou un "gran talento como organizador e construtor"[5] realizando "traballos xigantescos"[6] como a construción dunha base naval en Campania partindo de cero. Para iso, fixo cavar unha canle entre o mar e o lago de Lucrino para formar un porto exterior e outra canle entre o lago Lucrino e o lago Averno para ter un porto interno. O novo complexo portuario chamouse Portus Iulius, en honra a Octaviano.[5][6]
Época moderna
[editar | editar a fonte]O lago chegou a ser propiedade dos gobernantes borbónicos de Nápoles quen, en 1750, o cederon a unha familia aristocrática que o vendeu en 1991 á familia Cardillo.
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]Preto do lago atópase o Templo de Apolo, que se identificou coa "entrada ao Inframundo" descrito por Virxilio no libro VI da Eneida, cando Eneas decide entrar no Hades para coñecer a seu pai falecido (scrupea, abbigliamento lacu nigro nemorumque tenebris; en galego incrustadas, protexidas por un lago negro e un bosque escuro).[7] En realidade, é unha cova escavada na toba volcánica, duns 200 m, probablemente creada para conectar o lago co mar, que, debido ao medio ambiente e ás infiltracións de auga que crearon un regato subterráneo, estivo asociada á Estixia infernal e aos lugares do Caronte.
Tamén se atopa moi preto, a Cova de Cocceio, un túnel escavado polos romanos con fins militares, que comunicaba o lago con Cumas e que foi mencionada por Estrabón[8] e está datada no 35 a.C. Tiña unha lonxitude dun quilómetro, e unha largura suficiente para que fose empregado durante a Segunda guerra mundial para o movemento de carros de combate. Hoxe xa non se pode visitar por mor dos danos estruturais que se produciron daquela, polo que a cova é insegura.
Fauna
[editar | editar a fonte]O lago é o fogar dunha comunidade de megullóns, lavancos e outras especies de patos. Nas augas hai varias especies de peixes autóctonos e outros exóticos, como a perca, pero tamén peixes dourados e tartarugas domésticas de auga doce liberadas no lago. Tamén hai serpes, ras e camaróns de auga doce.
Eventos recentes
[editar | editar a fonte]No 10 de xullo de 2010, un terreo de 55 hectáreas (0,55 km2) -incluíndo o lago, un restaurante á beira do lago e discoteca- foi incautado pola policía despois de que o propietario fose acusado de ser un líder da do clan dos Casalesi,[9] pertencente á Camorra italiana.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Annali civili del regno delle Due Sicilie (1834), pp. 38-39
- ↑ Ruffo 1839, pp. 19-41
- ↑ Jover, Amina (19 de xaneiro de 2022). "¿POR DÓNDE SE ENTRA AL CENTRO DE LA TIERRA?". quo.eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2022.
- ↑ Cosme 2005, p. 76
- ↑ 5,0 5,1 Cosme 2005, p. 77
- ↑ 6,0 6,1 Roddaz 2000, p. 872
- ↑ Virxilio, Eneida, VI,28
- ↑ Estrabón, Geographika, Libro V, cap. 4, parte 5
- ↑ Kington, Tom (11 de xullo de 2010). "Italian police seize land around Lake Avernus on suspicion of mafia links". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción (10 de xullo de 2010 [actualizado 11 de xullo de 2010]). "Sigilli al Lago d'Averno: era in mano ai Casalesi". corriere.it (en italiano). Consultado o 2 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Averno |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Annali civili del regno delle Due Sicilie (en italiano) IV. Nápoles: Tipografia del Real Ministero dell'interno. 1834.
- Cosme, Pierre (2005). Auguste (en francés). París: Librairie Académique Perrin. ISBN 9782262018818.
- Roddaz, Jean-Michel (2000). Hinard, François (dir.), ed. Histoire romaine des origines à Auguste. Tomo I (Des origines à Auguste) (en francés). París: Fayard. ISBN 978-2213031941.
- Ruffo, Giuseppe (1839). Atti della Reale Accademia delle Scienze (en italiano).