Saltar ao contido

Kebab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kebab
کباب

Kebab turco
Orixe Oriente medio
Ingredientes
Orixe animal Carne
Orixe vexetal Pan de pita
Verdura

O kebab[1] (en árabe: کباب), tamén chamado kebap ou kabab, é un prato típico do Oriente Medio, o Mediterráneo oriental e Asia Meridional. Elabórase con anacos de carne, peixe ou vexetais cociñados á grella ou ó espeto.[2] A súa orixe é o Mediterráneo oriental,[3][4][5] sendo mencionado por Homero,[6] ou tamén no Oriente Medio,[7][8] sendo adoptado posteriormente en Asia Central e nas rexións do Imperio Mongol e do Imperio Otomán.

Kebabs de peixe ó espeto sendo cociñados en Turkmenistán.

A carne tradicional do kebab é a de año, mais dependendo dos gustos e das prohibicións relixiosas locais, pode facerse con outras carnes, como a de tenreira, cabra, polo, porco ou peixe. Na actualidade é un prato popular no mundo occidental, especialmente pola mocidade como unha alternativa de comida rápida.[9]

Döner kebab

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Döner.

O Döner kebab, literalmente "carne rodante", é a variante turca do kebab, e consiste en follas de carne de tenreira ou polo cociñadas nun torno vertical. O döner kebab adoita servirse nun pan redondo característico da cociña balcánica e oriental chamado "Pita". A carne vai acompañada de ensalada, ou tamén pode servirse nun prato con patacas fritidas, normalmente como acompañamento do "pide" ou Lahmacun (pizza armenia). Os restaurantes nos que se cociña o döner kebab ou shawarma para levar son comúns nalgunhas partes de Europa. O döner kebab ten gran popularidade en Alemaña, Austria, Francia, Países Baixos, Dinamarca, Australia, España e Romanía. Os "gyros" (de carne de porco), chamados así en Grecia, son bastante populares nos Estados Unidos como comida para levar.

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Kebab Arquivado 18 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Oxford Dictionaries
  3. To Vima (in Greek), 6-2-2011 (picture 2 of 7)
  4. "Krateutai (firedogs) from Santorini". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  5. How to Cook Like a Mycenaean, Archaeology Magazine
  6. Homer, "Iliad" 1.465, on Perseus Digital Library
  7. Encyclopedia of Jewish Food. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  8. Punjabi Khana. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  9. Doner kebab convértese na comida rápida favorita de Alemaña Arquivado 27 de abril de 2016 en Wayback Machine., USAToday, 4/11/2010 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Batmanglij, Najmieh. New Food of Life: Ancient Persian and Modern Iranian Cooking and Ceremonies by Najmieh Batmanglij. ISBN 0-934211-34-5

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]