Saltar ao contido

Julián Sanz Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulián Sanz Martínez
Biografía
Morte25 de decembro de 1890 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, escritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 300033 BNE: XX5843402

Julián Sanz Martínez, finado en París o 25 de decembro de 1890, foi un militar e historiador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afiliado ao Partido Republicano dende 1868. Pertenceu ao primeiro batallón republicano que se formou en Madrid co nome Tiradores del Principal segunda compañía, e despois pertenceu ao batallón Guías de la República. Participou na guerra carlista e foi admitido no Exército.[1] Perseguido polas súas ideas políticas, foi desterrado a Canarias e despois a Madrid. Foi correspondente na Coruña dos periódicos madrileños La Correspondencia e Ilustración Militar.[2] Chegou a alférez oficial terceiro de seccións de arquivo. Amigo e subordinado de Emilio Prieto Villarreal e partidario de Ruiz Zorrilla, participou na sublevación republicana do 19 de setembro de 1886 encabezada por Manuel Villacampa del Castillo. Logo do seu fracaso exiliouse en Francia e morreu en París o 25 de decembro de 1890.[3]

  • Reseña histórica de la batalla de Bailén, 1879.
  • Resumen histórico-militar de la Guerra de la Independencia española de 1808 á 1814 (4 vol.), 1881-1882.[4]
  • Batalla de Waterloo, 1883.
  1. El País, 11-1-1891, p. 1.
  2. Diario de Avisos de La Coruña, 24-8-1884. p. 2.
  3. El País, 30-12-1890, p, 1.
  4. Resúmen histórico-militar de la Guerra de la Independencia Española de 1808 á 1814 en Galicina.