Saltar ao contido

Judith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Judith»
sinxelo de A Perfect Circle
do álbum Mer de Noms
Lanzamento 8 de agosto do 2000
Formato CD e vinilo de 7"
Gravada
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:07
Discográfica Virgin Records
Produtor(es) Billy Howerdel, Alan Moulder
Escritor(es) Billy Howerdel, Maynard James Keenan
Cronoloxía
«-» «Judith» «"The Hollow
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Judith" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle. Foi editada como sinxelo dun só tema en Norteamérica, e de 4 temas en Australia. A canción foi usada para promocionar o álbum de estrea do grupo, Mer de Noms e publicouse o día 8 de agosto do 2000.

Maynard James Keenan explica no DVD aMOTION que a canción fala sobre a súa nai, Judith Marie Keenan, a cal sufriu un ictus cerebral e quedou nunha cadeira de rodas o resto da súa vida.

O seu vídeo musical foi realizado polo cineasta David Fincher, director de películas como Fight Club, Se7en e The Social Network. É un dos tres únicos videoclips que rodou Fincher nos últimos 15 anos, xunto con "Only" de Nine Inch Nails e o recente "Suit & Tie" de Justin Timberlake e Jay-Z[1].

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Judith" - 4:03
  2. "Magdalena" (Live) - 4:15
  3. "Breña" (Live) - 4:04
  4. "Orestes" (Demo) - 3:24