Saltar ao contido

Joseph Campbell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Campbell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joseph John Campbell Editar o valor en Wikidata
26 de marzo de 1904 Editar o valor en Wikidata
White Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1987 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaO'ahu Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic - Lingua sánscrita (1928–1929)
Universidade de París - francés antigo, Provençal (pt) Traducir (1927–1928)
Universidade Columbia - Literatura medieval (1925–1927)
Universidade Columbia - literatura inglesa (–1925)
Dartmouth College - bioloxía, matemáticas (1921–)
Canterbury School (en) Traducir (–1921) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMitoloxía comparada, mitoloxía, Relixión comparada e teoría da literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmythologist (en) Traducir, ensaísta, escritor de contos, conferenciante, mestre, historiador, académico, historiador da relixión, investigador, orador, tradutor, etnólogo, profesor universitario, antropólogo, escritor, participante em documentário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSarah Lawrence College (en) Traducir (1934–1972)
Canterbury School (en) Traducir (1933–1934) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosChristina Grof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJean Erdman (1938–1987), morte da persoa Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Campbell, Joseph, 1904-1987,
A Fire in the Mind: The Life of Joseph Campbell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webjcf.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0132603 TV.com: people/367530
Youtube: UCtsNRwJVIGt6K99xRblum6w BNE: XX890895 Spotify: 5n9GpZoADUf74D92NYi6CN Last fm: Joseph+Campbell Musicbrainz: 69264dbd-1096-4a58-82c9-668e2f33a4d5 Discogs: 1342458 Allmusic: mn0000622828 WikiTree: Campbell-27201 Find a Grave: 8870796 Genius: Joseph-campbell Editar o valor en Wikidata

Joseph Campbell, nado en White Plains o 26 de marzo de 1904 e finado en Honolulú o 30 de outubro de 1987, foi un escritor e mitólogo estadounidense, coñecido pola súa obra sobre mitoloxía e relixión comparada.

Tras comparar os mitos en diferentes culturas chegou á conclusión que son a transposición en relato da mesma busca espiritual. Nestas historias, aparece un heroe que funciona como arquetipo e que segue un camiño marcado pola aventura e a apoteose final (monomito). Este camiño amósase tamén nos soños e na ficción, xa que é universal e pertence ao inconsciente colectivo, seguindo a teoría de Jung. Xa que logo o relato particular non é máis ca unha "máscara" cultural e para o estudar ha de se ver que elementos esencias o forman, elementos que están en descrédito no mundo contemporáneo e polo tanto agroman na forma de trastornos mentais ou obras de fantasía.

Os mitos de diferentes culturas comparten mitemas ou elementos comúns, de maneira que son variantes de historias semellantes, que pasan por diferentes fases: no Paleolítico xorden os mitos sobre animais fabulosos, tótems e espíritos ligados á natureza; no Neolítico o foco está na fertilidade e a Nai Natureza, os ciclos naturais e outros fenómenos semellantes; na Idade de Bronce xorden os primeiros panteóns, con deuses especializados en diferentes funcións e mitos derivados e finalmente xorden os mitos que aumentan en abstracción, onde o ser humano tamén xoga un papel relevante.