Saltar ao contido

Jean Reno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Reno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Juan Moreno Herrera y Jiménez Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Casablanca, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJean Reno Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCasablanca
Montpellier
Wittlich
Os Ánxeles
París
Malaisia Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Carnot (pt) Traducir
Cours Simon (en) Traducir
Lycée Lyautey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeZofia Borucka (2006–)
Nathalie Dyszkiewicz (1995–2001)
Genevieve Reno (1977–1995) Editar o valor en Wikidata
FillosSandra Moreno
 () Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Teresa Herrera y Jiménez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000606 Allocine: 1659 Rottentomatoes: celebrity/jean_reno Allmovie: p59644 TCM: 160194 TV.com: people/jean-reno
Twitter: JeanReno48 MySpace: jeanreno BNE: XX1176280 Musicbrainz: 46c50e2d-8283-4e8e-9a92-f51f12f90599 Discogs: 440412 Editar o valor en Wikidata

Juan Moreno y Herrera Jiménez, nado en Casablanca (Marrocos) o 30 de xullo de 1948, é un actor de cinema, televisión e teatro francés de ascendencia española, máis coñecido como Jean Reno[1]. Comezou a súa carreira rodando películas francesas e participou en numerosos filmes de Luc Besson, dous dos cales foron determinantes na súa traxectoria profesional: Le Grand Bleu e Léon. Os seus traballos desenvólvense tanto en francés coma en inglés, sabendo tamén falar español. Foi incluído coma personaxe no videoxogo Onymusha 3.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Casablanca cando a cidade formaba parte dun protectorado francés. De ascendencia andaluza, o seu pai era de Sanlúcar de Barrameda e a súa nai de Xerez da Fronteira. Esta morreu cando el era un adolescente[1]. Ten unha irmá máis nova, Marie-Thérèse. Aos doce anos mudouse a Francia. Estudou en Cours Simon[2]. Tras facer o servizo militar en Alemaña, volveu a Francia e decidiu converterse en actor, montando unha compañía de teatro con Didier Flamand, con quen colaborou en varias das súas obras de teatro.

Carreira cinematográfica

[editar | editar a fonte]

Por mor da súa altura (1,88 metros), comezou facendo papeis de vilán. Posteriormente, rompería este estereotipo e protagonizaría tanto papeis cómicos coma heroicos. Participou na primeira curtametraxe do director Luc Besson, L’Avant dernier, e a partir de aí colaboraron xuntos en numerosas películas que lle outorgaron unha grande sona ao actor: Nikita (1990), Le Grand Bleu (1998) e Léon (1994) (esta última xunto a Gary Oldman e a unha nova Natalie Portman). Asemade, prestou a súa voz para dar vida ao personaxe de Porco no filme Porco Rosso (1992), de Hayao Miyazaki.

Traballou en numerosas películas estadounidenses, entre elas French Kiss (1995) con Meg Ryan e Kevin Kline, Mission: Impossible (1996) con Tom Cruise, Ronin (1998) con Robert De Niro) e Godzilla (1998) con Matthew Broderick. Ofrecéronlle o papel do axente Smith en The Matrix pero non se chegou a un acordo definitivo. Paralelamente, continuou rodando filmes franceses coma Les Visiteurs (2000), Les rivières pourpres (2000) xunto a Vincent Cassel e Les rivières pourpres 2 (2004) xunto a Benoît Magimel. En 2006 participou en The Pink Panther (2006) facendo o papel de Gilbert Ponton e en The Da Vinci Code, no papel do capitán Bezu Fache.

Foi candidato en tres ocasións ao Premio César coma mellor actor: dúas veces coma actor principal por Léon e Les Visiteurs e unha coma mellor actor secundario por Le Grand Bleu. No ano 2000 recibiu o Premio do Cinema Europeo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 29 de xullo de 2006 casou coa modelo e actriz Zofia Borucka na cidade de Les Baux-de-Provence, ao sur de Francia. Ten catro fillos de dous matrimonios anteriores. Na actualidade reparte o seu tempo entre as súas residencias de París, Malaisia e Os Ánxeles.

Jean Reno apoiou a Nicolas Sarkozy nas eleccións presidenciais de Francia de 2007[3][4]. É un gran fan de Elvis Presley e ten facilidade para imitar a súa voz; de feito, tivo que facer uso desta vantaxe nunha escena de Godzilla na que o guión requiría que se fixese pasar por estadounidense.

O expresidente de Francia Jacques Chirac nomeouno Cabaleiro da Lexión de Honor durante o desfile do 14 de xullo de 1999. En 2006 recibiu o título de Fillo Adoptivo da cidade de Cádiz [5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • Nomeado aos Premios César coma mellor actor secundario polo papel de Enzo Molinari en Le Grand Bleu (1989).
  • Nomeado aos Premios César coma mellor actor polo papel de Godefroy de Papincourt en Les Visiteurs (1994).
  • Nomeado aos Premios César coma mellor actor polo papel de Léon en Léon (1995).
  • Gañador do Premio do Cinema Europeo pola súa achega ao cinema internacional (2000).
  • Nomeado aos Premios do Cinema Europeo coma mellor actor polo papel de Pierre Niemans en Les Rivières pourpres (2001).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]