Jūrmala
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.154 (2024) (515,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 101,23 km² | ||||
Bañado por | Lielupe (en) e Golfo de Riga | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Comparte fronteira con | Riga Lapmežciems Parish (en) Smārde Parish (en) Slampe Parish (en) Sala Parish (en) Babīte Parish (en) Município de Engure (pt) (–2021) Tukums (pt) (–2021) Babite (pt) (–2021) Municipio de Tukums (2021–) Municipio de Mārupe (2021–) | ||||
Creación | 1785 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Inese Aizstrauta | ||||
PIB nominal | 503.729.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.002 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LV-2008, LV-2010, LV-2011, LV-2015 e LV-2016 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-JUR | ||||
Latvian toponymic names database ID (en) | 5852 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Anadia (pt) Gävle (municipio) Ashdod Samarcanda Tsqaltubo (en) Enköping (municipio) Turkmenbachi (pt) Alushta Palanga (pt) Jakobstad Kazán Admiralteysky District (en) Terracina (pt) Cabourg Pärnu (1990–) Batumi (2014–) | ||||
Sitio web | jurmala.lv… |
Jūrmala [juːrmala] (axuda · info), significa litoral ou praia, é unha cidade autónoma de Letonia situada a 25 Km ao NE da capital do país, Riga. Forma unha faixa costeira de 32 Km de longo e 3 Km de ancho situada entre o Golfo de Riga e o río Lielupe.
As praias de Jūrmala son famosas pola súa area de cuarzo branco e o ámbar.
A cidade de Jūrmala componse dunha serie de pequenos centros turísticos. De oeste a leste, son: Kemeri, Jaunkemeri, Verso, Kauguri, Vaivari, Asari, Melluzi, Pumpuri, Jaundubulti, Dubulti, Majori, Dzintari, Bulduri e Lielupe.
A cidade é unha das dúas residencias do presidente da República de Letonia, a casa-museo de John Rainis e a súa esposa, a poetisa Aspasia.
Na sala de concertos "Dzintari" anualmente celébrase o Music Festival KVN e a competición internacional de mozos cantantes New Wave, o festival Jurmalina habla Anshlag e outros concertos e festivais.
Os visitantes poden acceder a Jūrmala dende Riga en tren de proximidades (30 min) ou por estrada en coche (20 min). Dende 2008 Jūrmala e o aeroporto de Riga están conectados cun servizo de autobús. Os visitantes con vehículos privados deben pagar 1 LVL por cada día que pasen en Jūrmala.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época do bispo Albrecht (1165-1229) a península de Jūrmala estaba cuberta por fragas. O Duque Jacob tiña os seus propios plans para Lielupe, quería construír un canal que conectase co mar en Lielupe Sloka, para facilitar o desprazamento en buques na capital Mitau. O proxecto quedou sen concretarse.
O primeiro lugar para o baño organizouse en Dubulti. Outra parte antiga de Jürmala é Sloka, recibiu o status de colonia en 1785, e de cidade en 1878. Sloka creceu pola fábrica de papel que funcionou dende 1896 a 1990.
A zona que agora comprende a cidade de Jūrmala era antes parte de Riga, era coñecida como Rīgas-Jūrmala. Algunhas partes da zona, como Sloka e Kemeri, coñécense como balnearios dende hai séculos. Jūrmala en alemán era chamada Riga-Strand, a "Praia de Riga".
Jūrmala tiña sona como destino de spa dende finais do século XVIII. Os terratenentes ricos comezaron a tradición de relax na praia, e os oficiais do exército ruso ían descansar alí despois das guerras napoleónicas, regresando máis tarde cas súas familias. O máximo desenvolvemento da zona de Jūrmala foi coa apertura da liña de ferrocarril Riga-Tukums en 1877 (aínda pasa por Jūrmala) o que deu un grande impulso ao número de visitantes, e polo tanto un impulso ao desenvolvemento da cidade coma un complexo turístico. Jūrmala tamén gañou unha reputación como sanatorio. A brisa mariña, o arrecende dos pinos, as fontes de auga mineral, e a praia de arena axudou a crear sanatorios na cidade.
Na época soviética, durante a ocupación de Letonia despois da segunda guerra mundial, Jūrmala era un destino popular entre os funcionarios do partido comunista debido a súa proximidade a Moscova das súas praias, sanatorios e ao bo clima no verán. As vacacións pagadas eran recompensas para membros dos sindicatos máis importantes. Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de toda a Unión Soviética. Os balnearios ofrecían instalacións de baños de barro, terapia a cabalo e sendeirismo polos bosques. En verano había moitos concertos.
Jūrmala pasou a ser oficialmente cidade en 1959. A liña ferroviaria electrificouse e na actualidade hai servizo de tren regular a Riga.
Mentres Riga vai avanzando rapidamente para atraer a un número crecente de turistas occidentais, Jūrmala quedou atrás, descoñecida. Os rusos están agora suxeitos a estritos requisitos de visado. Importantes grupos turísticos europeos teñen unha dura tarefa que facer na súa promoción. Durante os últimos anos Jūrmala comezou a recuperarse. Moitas celebridades rusas, homes de negocios de éxito decidíronse pola compra de casas preto da praia como segunda residencia e lugar de vacacións no verán, fanse festivais e outras actividades para atraer a máis e máis xente á cidade cada verán. Jūrmala case acadou a popularidade que tiña coa elite soviética.
Praia
[editar | editar a fonte]Os 32 Km da costa son praias de areas finas e brancas composta de cuarzo. Durante as tormentas á costa chegan anacos de ámbar e moitas cunchas. A finais de xaneiro e principios de febreiro, o Golfo de Riga polo xeral conxélase, na praia a miúdo fórmanse grandes montañas glaciais que atraen a gran cantidade de espectadores.
A profundidade media no Golfo é de 26 m, o punto máis fondo é de 60 m. Ao longo da costa, a auga é pouco profunda. O fondo está cuberto na maior parte de area. O vento forte do oeste, trae á costa auga quente, así como ondas de ata 5 metros. A salinidade na baía é inferior á metade do Mar Báltico. As dunas costeiras separan a praia do cinto forestal que vai paralelo á costa, ata unha elevación de 17 m.
Demografía
[editar | editar a fonte]A 1 de xaneiro de 2011, a poboación da cidade era de 56.060 persoas.
1897 | 1925 | 1935 | 1943 | 1959 | 1979 | 1989 | 1991 | 1997 | 2011 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación[2] | 2114 | 10786 | 13663 | 12653 | 37954 | 60943 | 60600 | 61041 | 58977 | 56060 |
Clima
[editar | editar a fonte] Clima en Jūrmala | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media máxima (°C) | -2 | -2 | 3 | 10 | 17 | 21 | 23 | 21 | 16 | 11 | 4 | 0 | |
Temperatura mínima media (°C) | -8 | -7 | -4 | 1 | 6 | 11 | 14 | 13 | 12 | 4 | 0 | -5 | |
Precipitacións (mm) | 33 | 25 | 31 | 39 | 43 | 61 | 79 | 79 | 76 | 60 | 61 | 49 | |
Temperatura da auga (°C) | 0 | 0 | 1 | 5 | 11 | 17 | 21 | 23 | 19 | 15 | 10 | 5 | |
Fonte: Slavi.ru (en ruso) |
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Jūrmala está irmandada con:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ Enciklopēdija "Latvijas pilsētas". Rīga 1999. (en letón)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jūrmala |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial
- dmoz.org Información sobre Jūrmala Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.