Heteronetta atricapilla
Heteronetta atricapilla | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Heteronetta atricapilla (Merrem, 1841) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de H. atricapilla
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Heteronetta atricapilla é unua especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos, a única representante do xénero Heteronetta.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1865 polo nobre, político, patriota, médico e naturalista italiano Tommaso Salvadori.[2][3]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]
- Anas atricapilla Merrem, 1841 (Protónimo)
Especie
[editar | editar a fonte]A especie describiuna en 1841 o naturalista, zoólogo (especialista en ornitoloxía e herpetoloxía) alemán Blasius Merrem.[2][3]
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie propia de América do Sur, e a súa área de distribución comprende o sur do Brasil, o Uruguai, o centro de Chile e gran parte do centro da Arxentina. Preséntase como divagante nas illas Falkland (Malvinas).[1]
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Heteronetta atricapilla é un pato de que mide aproximadamente de 35 a 39 cm, cunha masa corporal de 400 a 700 g.
Presenta dimorfismo sexual, sendo o macho de coloración café (castaña), coa cabeza negra e, en temporada reprodutiva, remarcando a base do pico unha coloración vermella. A femia é de coloración café castaña máis apagada e coa liña superciliar contrastada.
Habita nos lagos e lagoas de auga doce, con presenza de vexetación do xénero Scirpus, alimentándose de sementes e moluscos.
Trátase do único pato parasito do mundo, xa que as femias depositan os seus ovos nos niños doutras especies de aves, coa finalidade de que os incuben. Os ovos tardan 21 días en eclosionar.
Cando nacen os pitos, nidífugos, automaticamente independízanse dos seus pais adoptivos e reúnense en grupos de patitos.
Parasita principalmente a Netta peposaca, a aves do xénero Fulica, como Fulica armillata e Fulica rufifrons, e niños da gaivota Chroicocephalus maculipennis.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da súa poboación é moi grande, polo que non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Heteronetta atricapilla na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 27 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Heteronetta atricapilla (Merrem, 1841) no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Heteronetta atricapilla (Merrem, 1841)] na BioLib. Consultada o 27 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heteronetta atricapilla |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heteronetta atricapilla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J., Elliot, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
- Kear, J. (2005): Ducks, geese and swans. Volume 2: species accounts (Cairina to Mergus). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4645-0.